BANDO. Situación de Emerxencia Sanitaria e do Platerga no seu nivel IG como consecuencia da evolución da epidemia do Coronavirus

BANDO

RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA POLA QUE SE PUBLICA O ACORDO DE DECLARACIÓN DE SITUACIÓN DE EMERXENCIA
SANITARIA E DO PLATERGA NO SEU NIVEL IG COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA EPIDEMIA DO CORONAVIRUS (DOG 50-BIS DO 13 DE MARZO DE 2020)

Polo presente, comunícase a toda veciñanza do Concello de Cee que, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, veu a ditar Resolución do 13 de marzo do 2020 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia mediante o que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia no seu nivel IG, no que se dispón, entre outras medidas, a suspensión da actividade durante 14 días, a contar dende a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia-Venres, 13 de marzo de 2020- de todos os establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no Anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, e nomeadamente:

➡️ Cines, Teatros, Auditorios , Circos, Establecementos de espectáculos deportivos, Recintos feirais, Casinos, Salas de bingo, Salóns de xogo, Tendas de apostas, Estadios deportivos, Pavillóns deportivos, Recintos deportivo, Pistas de patinaxe, Ximnasios, Piscinas de competición, Piscinas recreativas de uso colectivo, Parques acuáticos, Salóns recreativos, Parques multiocio, Museos, Bibliotecas, Salas de conferencias, Salas polivalentes, Salas de concertos, Restaurantes, Salóns de banquetes, Cafeterías, Bares, Establecementos para actividades zoolóxicas – botánicas e xeolóxicas-, Salas de Festas, Discotecas, Pubs, Cafés-espectáculo, Furanchos, Centros de ocio infantil.

➡️ Os establecementos de restauración, como cafeterías, bares e restaurantes permanecerán cerradas ao público, pudiendo prestar exclusivamente servicios de entrega a domicilio o para su recogida en el local y consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida a fin de evitar posibles contagios.

➡️ O peche non afecta os bares e restaurantes situados en establecementos hostaleiros ou no interior das instalacións destinadas á prestación de servizos públicos, sempre que a súa actividade limítese estritamente aos seus clientes aloxados ou aos traballadores dás instalacións.

➡️ Suspéndese a actividade polo mesmo tempo indicado de todos os locais, establecementos e comercios minoristas. Porén, manteranse abertos comercios minoristas de alimentación e de bens de consumo de primeira necesidade. En concreto, poderán permanecer abertas as fruterías, carnicerías, peixarías, panaderías, farmacias, gasolineiras, estancos, quioscos e supermercados, entre outros.

➡️ No caso das grandes superficies só poderán abrir a zona habilitada con este tipo de servizos. A permanencia nos establecementos comerciais cuxa apertura estea permitida deberá ser a estritamente necesaria para que os consumidores poidan realizar a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade, quedando suspendida a posibilidade de consumo de produtos nos propios establecementos.

➡️ Así mesmo, poderán permanecer abertas os comercios por correspondencia ou Internet.

➡️ Suspéndese polo tempo previsto neste acordo a actividade dos albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.

➡️ Durante o tempo previsto neste acordo, o aforo de edificios de culto, tanatorios, ou calquera instalación asimilada quedará reducida a un terzo da súa capacidade máxima.

➡️ Así mesmo, os cortexos fúnebres quedarán reducidos a un máximo de 25 persoas.

Alcaldesa do Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán.

BANDO. Emerxencia Sanitaria

BANDO. Emerxencia Sanitaria

Deixa un comentario

TurismoCee