ACTUALIZADO 01/10/2021. BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2021/2022

O concello de Cee ven de convocar a través do BOP, a convocatoria de bolsas de comedor escolar para o presente curso 2021/2022

EXTRACTO DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS PARA GASTOS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLLO DE CEE CURSO 2021-2022

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publicase o extracto da convocatoria. O texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións

1.º. Persoas beneficiarias.

Serán persoas beneficiarias desta convocatoria as unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensino do termo municipal de Cee sostidos con fondos públicos que conten con servizo de comedor e que cumpran os requisitos esixidos na presente convocatoria. Para os efectos desta convocatoria, considérase que forman a unidade familiar de convivencia os membros:

a) O/a menor.

b) Os cónxuxes, titores legais, familia de acollida ou parellas de feito.

c) Os/ as fillos/ as maiores de idade, e os/ as fillos/ as menores de idade residentes no domicilio familiar, de cada un dos proxenitores. Os ingresos de todos os membros da unidade familiar serán tidos en conta a efectos de determinar a situación económica nos termos recolleitos nestas bases.

2.º. Finalidade.

Contribuír a paliar os gastos que xenera o pagamento dos gastos de comedor escolar dos cursos de 2.º ciclo de educación infantil, educación primaria e ESO, mediante o abono de todo ou parte dos gastos de comedor escolar a unidades familiares en situación de vulnerabilidade.

3.º. Bases reguladoras.

As aprobadas por resolución da alcaldesa poden consultarse na páxina web do Concello e na Base Nacional de Subvencións.

4.º. Importe.

A contía da bolsa será o importe total dos gastos de comedor escolar. O inicio do pagamento estará supeditado á data da resolución da concesión das bolsas. A partida orzamentaria á que se imputarán os gastos é a 231/481.00.

5.º. Procedemento de solicitudes.

As solicitudes formalizaranse por escrito en modelo normalizado achegando a documentación sinalada nas bases.

6.º. Prazo de solicitudes.

O prazo de solicitudes será de 20 días hábiles dende o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no BOP.

Cee

13/7/2021

EMILIA MARÍA TRILLO LOJO

Concelleira delegada de presidencia, benestar social, igualdade e emprego


Prazo de Solicitude: Ata o 13/08/2021

Podes consultar aquí as bases da convocatoria, onde encontrarás os requisitos esixidos, documentación necesaria para a presentación da solicitude, etc

BASES DA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR 2021/2022


ACTUALIZADO 25/08/2021

Acta da comisión de baremo do Programa Municipal de Bolsas para gastos de Comedor Escolar. Curso 2021-2022

Acta da comisión de baremo do Programa Municipal de Bolsas para gastos de Comedor Escolar. Curso 2021-2022

 

Prazo de subsanación, 10 días hábiles a partir del 25 de agosto de 2021. (Ata o 8 de setembro)

ACTUALIZADO 15/09/2021

Acta II da comisión de baremo do Programa Municipal de Becas para gastos de Comedor Escolar. Curso 2021-2022

Acta II da comisión de baremo do Programa Municipal de Becas para gastos de Comedor Escolar. Curso 2021-2022

 

Prazo de alegacións: 10 días hábiles (Do 16 ao 29 de setembro de 2021, ambos inclusive)

ACTUALIZADO 01/10/2021

Resolución de concesión de Bolsas para gastos de comedor escolar. Curso 2021-2022

Resolución de concesión de Bolsas para gastos de comedor escolar. Curso 2021-2022

ANEXOS
Anexo I. Solicitude de Bolsa de Comedor Escolar
Anexos

Anexo I. Solicitude de Bolsa de Comedor Escolar

Anexo II. Declaración Responsable

Anexo II. Declaración Responsable

Anexo III. Modelo de Desestimento das Bolsas de Comedor

Anexo III. Modelo de Desestimento das Bolsas de Comedor

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee