BOLSA DE EMPREGO DIRECCIÓN-ASESORAMENTO PSICOLÓXICO CIM

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A SUBSTITUCIÓN DA TITULAR DA PRAZA DIRECCIÓN – ASESORAMENTO PSICOLÓXICO CIM. 

Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a creación dunha bolsa de emprego que permita, de forma áxil e rápida, cubrir as necesidades ante a ausencia da titular da praza de Dirección-Asesoramento Psicolóxico CIM (RPT. BOP 16 de marzo de 2021. Posto 05.03.01).

A modalidade do contrato é a establecida no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, que regula que poderán celebrarse contratos de duración determinada para a substitución dunha persoa traballadora con dereito a reserva de posto de traballo, sempre que se especifique no contrato o nome da persoa substituída e a causa da substitución. As retribucións correspondentes a percibir serán as establecidas na RPT.

Presentación de solicitudes

As solicitudes (ANEXO I) presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cee mediante instancia dirixida a Sra. Alcaldesa – Presidenta, no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Igualmente, ditas instancias podéranse presentar en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas concordantes e/ou sustitutivas deste artigo). Neste caso comunicarase ao Concello a remisión da instancia dentro do prazo de presentación de instancias por correo electrónico ao enderezo: correo@cee.gal ou por calquer outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da instancia, indicando como asunto: “BOLSA DE EMPREGO PSICÓLOGA/O DIRECTORA/OR CIM “

Xunto coas solicitudes os aspirantes presentarán a seguinte documentación:

– Fotocopia do D.N.I, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade da persoa aspirante.

– Fotocopia da titulación académica esixida ou resgardo de haber aboado os dereitos para a sua expedición.

– Fotocopia do título acreditativo de estar en posesión do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4 ou equivalente, co obxecto de ser declaradas exentas da realización da proba de nivel de coñecemento da lingua galega.

– Acreditación das 200 horas de formación en igualdade, segundo se especifica no apartado 10 dos requisitos.

– Declaración xurada de non haber sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que xustificará documentalmente, posteriormente o candidato ou candidata seleccionado/a

As persoas aspirantes cunha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facelo constar na súa instancia e acreditalo cunha certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e, de ser o caso, da Administración correspondente, na que se acredite o seu grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

A adaptación dos tempos levárase a cabo de conformidade co disposto na Orden PRE/1822/2006, de 9 de xuño, pola que se establecen os criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

Cando a relevancia do documento no procedemento esíxao ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requerir a exhibición do documento ou da información orixinal.

As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar na sua instancia, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán corrixirse ou repararse en calquera momento, ben de oficio, ben a instancia de parte.

A non presentación da instancia en tempo e forma suporá a exclusión da persoa aspirante.

Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución da titular da praza de dirección-asesoramento psicolóxico CIM

Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución da titular da praza de dirección-asesoramento psicolóxico CIM

Prazo de presentación de solicitudes ata o 1 de xullo.

Deixa un comentario

TurismoCee