BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AS SUBSTITUCIÓNS DO POSTO OFICIAL DE PRIMEIRA DE MANTEMENTO DE POLIDEPORTIVOS EN SUPOSTOS DE AUSENCIA, INCAPACIDADE E SITUACIÓNS ANÁLOGAS DA TITULAR
Obxecto da convocatoria.
É obxecto das presentes bases regular o proceso de selección dun traballador/a para substitución en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular do posto, creándose unha bolsa de traballo da que formarán parte aqueles/as aspirantes que fosen seleccionados, co fin de cubrir ditas necesidades.
A selección de traballador/a será para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente (persoal laboral fixo, IV. Técnicos auxiliares, Oficial de primeira).
A bolsa de emprego non xerará por si mesma dereito algún fronte ao Concello e, por tanto, non producirá relación xurídica algunha co mesmo. Só ten o efecto de poder ser chamado polo Concello segundo a orde obtida na bolsa de emprego, en caso de necesidade.
Presentación de instancias.
Ata o día 15 de outubro de 2021. |
As instancias dirixiranse ó alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista nas Leis 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, ata o día 15 de outubro de 2021, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución do posto de oficial de primeira de mantemento de polideportivos en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular
ACTUALIZADO 08/11/2021
Aprobación listaxe provisional de admitidos/excluídos para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución do posto “Oficial de primeira de mantemento de polideportivos en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular”
Prazo de alegacións: Ata o día 22 de novembro (inclusive) |
ACTUALIZADO 30/11/2021
Aprobación listaxe definitivo de admitidos/excluídos para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución do posto “Oficial de primeira de mantemento de polideportivos en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular” e convocatoria de exame.
Convocatoria das probas: Día 13/12/2021 ás 9:00 h. no Pavillón Polideportivo Municipal sito na rúa da Escola para a realización das probas de electricidade, fontanería e limpeza. Día 14/12/2021 ás 09:00 h. no Antigo IES Agra de Raíces sito na rúa Buenaventura Castro Rial para a realización das probas de cerrallaría, albanelería, carpintería metálica e pintura. |
ACTUALIZADO 17/12/2021
Puntuacións provisionais das probas da fase de oposición da bolsa de emprego “Oficial de primeira de mantemento de polideportivos en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular”.
Prazo de alegacións: ata o día 31 de decembro de 2021 (inclusive) |
ACTUALIZADO 05/01/2022
Puntuacións definitivas das probas da fase de oposición da bolsa de emprego “Oficial de primeira de mantemento de polideportivos en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular” e convocatoria da proba de galego.
Convocatoria para a proba de coñecemento do idioma galego, o día 11 de xaneiro de 2022 ás 10.00 h. na segunda planta do concello de Cee (Domingo Antonio de Andrade, s/n 15270 – Cee) |
ACTUALIZADO 12/01/2022
Decreto puntuaciones definitivas e constitución bolsa de emprego mantemento polideportivo
Decreto puntuaciones definitivas e constitución bolsa de emprego mantemento polideportivo