O concello de Cee ven de convocar a través do BOP, a convocatoria de bolsas de comedor escolar para o presente curso 2023/2024
EXTRACTO DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS PARA GASTOS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLLO DE CEE CURSO 2023-2024
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/631858)
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8 da Lei 38/2003, del 17 denovembro, Xeral de Subvencións, publicase o extracto da convocatoria.
O texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.
1º Persoas beneficiarias:
Poderán ser beneficiarios desta convocatoria o alumnado dos centros nos que se realice o segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria, escolarizados en centros educativos do termo municipal de Cee, sostidos con fondos públicos que dispoñan de servizo de comedor e que cumpran os requisitos desta convocatoria.
2º Finalidade:
Contribuir a paliar os gastos que xenera o pagamento dos gastos de comedor escolar dos cursos de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e ESO, mediante o abono de todo ou parte dos gastos de comedor escolar a unidades familiares en situación de vulnerabilidade
3º Bases reguladoras:
As aprobadas por resolución da Alcaldesa, poden consultarse na páxina web do Concello e na Base Nacional de Subvencións.
4º Importe:
A contía da bolsa será o importe total dos gastos de comedor escolar. O inicio do pagamento estará supeditado á data da resolución da concesión das bolsas.
A partida orzamentaria á que se imputarán os gastos é a 231/481.00.
5º. Procedemento de solicitudes.
As solicitudes formalizaranse por escrito en modelo normalizado achegando a documentación sinalada nas bases.
6º. Prazo de solicitudes.
O prazo de solicitudes será de 20 días hábiles dende o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no BOP. (Ata o 21 de xullo, inclusive)
Firmado dixitalmente ó margen.
Sra alcaldesa.
Margarita Lamela Louzán
Prazo de Solicitude: 20 días hábiles. (Ata o 21 de xullo) |
Podes consultar aquí as bases da convocatoria, onde encontrarás os requisitos esixidos, documentación necesaria para a presentación da solicitude, etc
BASES DA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR 2023/2024
ANEXO BASES BOLSAS DE COMEDOR 2023/2024
ACTUALIZADO 04/08/2023
Acta da comisión de baremación da convocatoria do programa municipal de bolsas para gastos de comedor escolar do concello de Cee. Curso 2023/2024
Prazo de alegacións: Do 7 ao 22 de agosto (Ambos inclusive) |
ACTUALIZADO 18/09/2023
Acta II da Comisión de Baremación da convocatoria do programa municipal de bolsas para gastos de comedor escolar do concello de Cee. Curso 2023/2024
Prazo de alegacións: Do 19 de setembro ao 2 de outubro (Ambos inclusive) |
ACTUALIZADO 17/10/2023
Resolución da convocatoria do programa municipal de bolsas para gastos de comedor escolar do concello de Cee. Curso 2023/2024