CAMPAÑA DE ESQUÍ 2020

CAMPAÑA DE INVERNO 2020

A Deputación Provincial da Coruña ven de incluir ó Concello de Cee na CAMPAÑA DE ESQUÍ 2020 que se desenvolverá na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

• 1ª QUENDA – CONCELLO DE CEE: do 24 ó 27 de xaneiro de 2020.
• DESTINATARIOS: rapaces e rapazas nados nos anos 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009 (de 11 a 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2020).
• Nº PRAZAS CONCEDIDAS: 5
• PRAZO E LUGAR DE PREINSCRICIÓNS: dende o martes 12 de novembro ó 4 de decembro ás 13:30 horas na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee (ubicada no 2º andar da Casa do Concello), ou ben chamando ó teléfono 981745100 (extensión nº 9)
• COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 €
TERÁN PRIORIDADE OS RAPACES E AS RAPAZAS QUE NON PARTICIPARAN EN NINGUNHA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN

Deixa un comentario

TurismoCee