Cee, somos Camiño
O concello de Cee presenta o seguinte programa de camiñas para promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello de Cee.
Este programa, de inscrición gratuíta, contén dúas camiñatas que son os dous tramos do concello de Cee polos que transcorre o Camiño de Santiago.
Sendo conscientes da importancia que ten o Camiño de Santiago para a promoción da nosa Comunidade Autónoma, así como para o noso municipio, dende o concello pretendemos dar visibilidade aos tramos cos que contamos.
Tramo: San Pedro Mártir (Pereiriña) – Paseo Marítimo Cee
Tramo que ten especial peculiaridade porque é a primeira vez na que se divisa o mar, por iso a denominación de “Cee, primeira fiestra ao mar”.
Tipo camiñata: lineal (só de ida).
Distancia/tempo estimado: 7 km / 2 horas
Dificultade: fácil
Día: sábado 24 de xullo de 2021
Punto e hora de saída: Capela de San Pedro Mártir (Pereiriña) ás 11.00 h.
Punto de chegada: Paseo do Alcalde Pepe Sánchez (Paseo marítimo de Cee.
Tramo Lires – Padrís (Fisterra)
Tramo do camiño que parte da ponte de Vaosilveiro (límite co concello de Muxía) e conecta co Concello de Fisterra (lugar de Padrís)
Tipo camiñata: lineal (só de ida).
Distancia/tempo estimado: 4,3 km / 1 horas
Dificultade: fácil
Día: sábado 31 de xullo de 2021
Punto e hora de saída: Lires (a carón da Ponte de Vaosilveiro) ás 11.00 h.
Punto de chegada: Padrís (concello de Fisterra)
Aspectos organizativos
Número máximo de prazas por camiñata: 30 persoas
Os inscritos/as distribuiranse en dous grupos independentes, e cada un contará cun responsable de grupo (organizador): 2 grupos de 15+1
Os inscritos/as que non se despracen pola súa conta terán que comunicalo. O concello facilitará transporte para o traslado ao punto de saída.
Sobre a organización
Este programa está organizado polo Concello de Cee
Todos os/as participantes debidamente inscritos estarán cubertos por unha póliza de accidentes.
A organización resérvase o dereito de admisión para persoas que non cumpran a normativa establecida. Así mesmo poderán impedir a participación a aquelas persoas que por circunstancias particulares lles poida resultar perigosa ou lesiva.
Inscricións
As inscricións son gratuítas.
Os períodos de inscrición para cada unha das camiñatas serán os seguintes:
1ª camiñata (San Pedro Mártir – Paseo Marítimo de Cee): Inscrición ata o xoves 22 de xullo.
2ª camiñata (Lires – Padrís (Fisterra)): Inscrición ata o xoves 29 de xullo.
Consideraranse participantes nas camiñatas as persoas que se atopen no listado de inscritos/as. Aquelas persoas que non aparezan en dito listado non estarán cubertas pola póliza de accidentes, e a organización non será responsable do que lles poida suceder.
As inscrición deberán facerse na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee (ubicada no 2º andar da Casa do Concello), no teléfono 981745100 (ext. nº. 9) ou ben no email deportes@cee.gal
A adxudicación de prazas efectuarase por rigorosa orde de inscrición.