Achéganse as vacacións de Semana Santa e na procura de ofertar diferentes opcións de ocio nesta situación tan especial que nos toca vivir, o concello de Cee preparou un amplo programa de actividades no, que ademáis de clásicos como o teatro, cobrará unha especial relevancia o mundo do audiovisual galego. Así, o concello de Cee ofrecerá un ciclo de cinema no que estarán representadas as catro finalistas na categoría de Mellor Longametraxe da XIX edición dos Premios Mestre Mateo, que cada ano ano convoca a Academia Galega do Audiovisual. Os ganadores desta edición daranse a coñecer o sábado 10 abril na gala que se celebrará no Teatro Colón de A Coruña. Como colofón a estas xornadas cinematográficas, o concello de Cee estreará a curtametraxe O que tiras ao mar, que contou para a súa realización co apoio do propio concello e da asociación cultural Alexandre Bóveda.
Ademáis, a Casa de Cultura acollerá a participación de alumnos do Club Arte e Movemento no Campionato de España de Caribbean Show Dance e tamén á reputada luthier Stéphanie Simon que impartirá un curso de mecánica e afinación do acordeón.
PROGRAMACIÓN
BUTACA ZERO: 32 m2
Sábado 27 de marzo, 20.00 horas (Día Internacional do Teatro) Auditorio Baldomero Cores. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia
Ficha artística
Duración: 80 minutos
Público: maior 12 anos
Entradas: 3 e 5 euros
Reserva de entradas de luns a venres na Casa de Cultura (2º andar, de 9.30 a 13.30 horas e na biblioteca Francisco Mayán de 16.30 a 19.30 horas).Aforo limitado
32 m2 é unha peza de teatro do absurdo: do absurdo no que comezamos a vivir no mes de marzo de 2020 que cambiou as nosas vidas xa para sempre. Un absurdo no que as Curvas, o Medo e a Morte ocupan cada vez máis espazo entre as paredes das nosas vidas.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CARIBBEAN SHOW DANCE
Domingo 28 de marzo, pola mañá
Este ano celebrarase de modo telemático e os participantes do Club Arte e Movemento participarán desde o Auditorio Baldomero Cores.
CICLO DE CINEMA (31 DE MARZO, 1, 2 e 3 DE ABRIL)
O programa está composto polas longametraxes A illa das mentiras (12 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo), Ons (13 candidaturas), Arima (7 candidaturas) e Lúa Vermella (4 candidaturas), polo que os catro filmes que se poderán ver en Cee suman 36 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo.
As proxeccións contarán con aforo limitado e estarán suxeitas ás medidas de seguridade sanitarias habituais. É, pois, necesario facer a reserva previa de entradas, ben na oficina do Departamento de Cultura polas mañás ou na Biblioteca Francisco Mayán, polas tardes.
Mércores 31 de marzo, 20.00 horas.
A illa das mentiras (Paula Cons, 2020).
Reparto: Nerea Barros, Dario Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Celso Bugallo, Milo Taboada, Leyre Berrocal, Miguel Borines.
Público: 12 +
Premio á mellor película nos Blogos de Oro 2021.
A noite do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel cargado con 269 persoas choca contra as rochas da Illa de Sálvora. O fareiro escoita os berros e acode correndo á aldea para pedir axuda. Esa noite non hai homes e a esperanza de salvarse para os pasaxeiros está nas mulleres, vellos e nenos que hai no lugar. O naufraxio do vapor non só se leva por diante a vida de 213 persoas senon tamén a tranquilidade e calma da comunidade.
Xoves 1 de abril, 20:00 horas.
Ons (Alfonso Zarauza, 2020)
Reparto: Melania Cruz, Antonio Durán “Morris”, Anaël Snoek, Xulio Abonjo, Marta Lado.
Público: 12 +
Mariña é unha illa emocional, un ser illado na procura dun faro que a guíe no escuro. Cando non atopa esa luz séntese perdida, chea de baleiro e de medo á soidade. É na relación con Vicente onde Mariña se aferra como única táboa de salvación. Pero de achegarse excesivamente a el podería acabar por encallar e afundir. É o paradoxo do faro. As crebas dun naufraxio. O misterio de Ons.
Venres 2 de abril, 20:00 horas.
Arima (Jaione Camborda, 2019)
Reparto: Melania Cruz, Tito Asorey, Mabel Rivera, Rosa Puga Dávila, Nagore Arias
Público: 16 +
Premio á mellor dirección: Festival de Cine Europeo de Sevilla (2019) e Premio ANIMAFICX do Festival Internacional de Cine de Gijón.
Arima é aquilo que ves a través da néboa, aquilo que intúes, pero que non consegues ver con claridade. Un soño, un recordo, un desexo. A vida de catro mulleres e unha nena vese alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, escondéndose polo pobo como un ser fuxidío, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas a vida das mulleres.
Sábado 3 de abril, 20:00 horas.
Lúa vermella (Lois Patiño, 2020)
Reparto: Ana Marra, Carmen Martínez, Pilar Rodlos, Rubio de Camelle.
Público: 12 +
Premio á mellor película: Festival de Málaga 2020 e no Festival de Toulouse 2020
Nunha vila da costa galega o tempo parece terse detido. Tódalas persoas están paralizadas aínda que se poden oír as súas voces: falan de pantasmas, de meigas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres buscando ao Rubio, un mariñeiro da vila que desapareceu no mar.
CURSO de Mecánica e afinación do acordeón
DOMINGO 4 DE ABRIL, 11.00 horas
A entidade Sons da Costa e o Concello de Cee organizan co patrocinio da Asociación de Amigos da Banda ceense un curso coa luthier francesa Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.
No curso, Stéphanie amosará os aspectos básicos sobre o funcionamiento do acordeón, a mecánica deste, como abordar pequenos problemas técnicos, o traballo coa cera e a afinación das palletas.
Inscrición: Fernando Fraga 609 831 651 (prazas limitadas)
Estrea da CURTAMETARXE “O QUE TIRAS AO MAR”
DOMINGO 4 DE ABRIL, 20.00 horas
Con localizacións preferentes en Cee e arredores e protagonizado por Toño Casais e Serxio Domínguez, O que tiras ao mar é unha curtametraxe feita en Cee e por xente de Cee maioritariamente (boa parte do elenco, a música de Fernando Fraga, a produción…) con guión e dirección do cabanés Federico Rioboo. Contou tamén co apoio do concello de Cee e da Asociación Cultural Alexandre Bóveda de A Coruña.
Ficha técnica: director: Federico Rioboo. Guion: Federico Rioboo e Roi Parada. Cámara e montaxe: Aser Orbán. Sonidista: Miguel Seixo. Produción: Yolanda G. Leal. Diseñadora gráfica: María Lijó.
Actores: Serxio Domínguez, Toño Casais, Isabel Vallejo, Nerea García, Saray Pérez, Mauricio Abeijón, Yolanda G. Leal. Moncho Iglesias.
Sipnose: Antón sae do cárcere para cuidar ó seu pai, enfermo terminal.
Conscente de que ten unha débeda co pasado, Antón busca o perdón de Lois xa que atropelou ó seu tío causándolle a morte hai cinco anos. O encontro inesperado entre os dous protagonistas na barra dun bar fará que Lois teña que decidir entre o perdón ou a vinganza.
Igual que nas demáis actividades, o aforo é limitado polo que é preciso facer a reserva previa de entradas, ben na oficina do Departamento de Cultura polas mañás ou na Biblioteca Francisco Mayán, polas tardes.
De haber demanda suficiente, faríase un segundo pase o propio domingo 4 de abril, ás 20.45 horas.