Aprobación inicial do Regulamento orgánico municipal do Concello de Cee

O mércores 12 de febreiro de 2020 aparece publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP), transcríbese a publicación da Aprobación inicial do Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Cee no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña

Administración Local
Municipal
Cee

Aprobación inicial do Regulamento orgánico municipal do Concello de Cee

ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cee, na sesión ordinaria que realizou o día 31 de xaneiro de 2020, acordou aprobar inicialmente o Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Cee.

En cumprimento do disposto no artigo 49. b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local,
sométese o expediente a exposición pública polo prazo de 30 días hábiles, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), co fin de que os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións ou suxestións que consideren oportunas.

No caso de que non se presentasen reclamacións, o acordo, ata entón provisional, elevarase a definitivo sen necesidade de novo acordo plenario e procederase á publicación íntegra do texto do Regulamento no BOP para os efectos da súa entrada en vigor.

En Cee, o 7 de febreiro de 2020.

A Alcaldesa

Margarita Lamela Louzán

2020/1019

Anuncio no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña

Anuncio no BOP

Exposición pública – Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Cee

Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Cee (carácter provisional)

Deixa un comentario

TurismoCee