Convocatoria de axudas para a mellora da Eficiencia Enerxética e da Seguridade e Accesibilidade en Vivendas (Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para o ano 2020, publicada no DOG do 26/02/2020) inclúe, entre outras:
ACTUACIÓNS PARA O FOMENTO DA CONSERVACIÓN, MELLLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS, que inclúe entre outras actuacións subvencionables
- Instalación de salvaescaleiras, ramplas, …
- Mellora das condicións de accesibilidade en baños e cociñas, …
Pode informarse destas axudas nos Servizos Sociais Municipais (2º Andar)
O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de marzo de 2020.
Querría saber si nestas axudas se contemplan cambios de ventanas
Si, contempla os cambios de ventanas.
Dentro das actuacións subvencionables atópase o seguinte párrafo
1. Consideraranse actuacións subvencionables da liña A) para o fomento da mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade das vivendas as seguintes:
a) A mellora da envolvente térmica da vivenda ou do edificio para reducir a súa demanda enerxética de calefacción ou refrixeración, mediante actuacións en fachada, cuberta ou calquera paramento da dita envolvente, de mellora do seu illamento térmico; a substitución de carpintarías e acristalamentos dos ocos e o cerramento ou acristalamento das terrazas con teito ou outras, incluída a instalación de dispositivos bioclimáticos e de sombreamento.
Máis información no seguinte enlace:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI422E&ano=2020&numpub=1&lang=gl