CERTIFICADOS E VOLANTES DE EMPADROAMENTO AUTOMATIZADOS

O Concello de Cee vén de dar un paso máis no desenvolvemento da Administración electrónica municipal, mediante unha resolución da alcaldía pola que se acorda aprobar o Selo Electrónico de Órgano e a regulación das actuacións administrativas automatizadas do Concello de Cee, que permite, que os veciños e veciñas do Concello poidan solicitar e descargar ao momento na sede electrónica municipal (sede.cee.gal), e de forma completamente automatizada, certificados e volantes de empadroamento de carácter individual (non colectivos).

Desde a casa, calquera día do ano e a calquera hora, a veciñanza dispón da sede electrónica municipal na que presentar solicitudes, aportar documentación ou, como o caso dos volantes e certificados padroais, descargalos de maneira automática, sen necesidade de desprazarse ás oficinas físicas do Concello, coa conseguinte comodidade e aforro de tempo dos usuarios e usuarias.

A sede electrónica garante en todo momento a identidade, integridade e autenticidade do cidadán a través de “Cl@ve”. Ademais, dispón dun rexistro que acredita e certifica estas transaccións, o “Rexistro telemático”.

Lémbrase que para acceder aos servizos que se prestan na sede electrónica (presentación telemática de escritos, solicitudes ou comunicacións), é preciso identificarse a través do sistema cl@ve.

MÁIS INFORMACIÓN: http://clave.gob.es/clave_Home/clave/queEs.html

QUERO REXISTRARME: http://clave.gob.es/clave_Home/registro.html

No seguinte vínculo poden consultar a publicación no BOP da “Aprobación de selo electrónico de órgano e regulación de actuacións administrativas automatizadas do Concello de Cee

 

Deixa un comentario

TurismoCee