Concesión de axudas a financiación de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU
O concello de Cee implantará o contedor marrón no sistema municipal de recollida selectiva de residuos, para reciclar tamén a materia orgánica. Farase mediante a instalación de contedores marróns de 240 litros en todo o entorno urbano e periurbano do municipio.
A primeira fase consiste na adquisición de 100 contedores marróns de 240 litros con cargo a unha subvención da Xunta de Galicia financiada con fondos europeos NEXT GENERATION EU.
Nos próximos meses instalaranse os contedores marróns nas rúas da vila.
Ademais o concello de Cee adquiriu unha biotrituradora para tratar os restos do servizo de xardinería do municipio.
Resolución concesión da subvención (código MT975K)