Gala de Solidariedade co Pobo Palestino en Cee

Pepe Viyuela xunto con músicos e poetas da Costa da Morte estarán o luns, 4 de febreiro en Cee nesta gala a beneficio da entidade UNRWA que apoia aos refuxiados palestinos.

Unha vez máis, a Gala de Solidariedade co Pobo Palestino organizada por Mohammed Safa e a Fundación Araguaney e na que colabora o Concello de Cee, chega a nosa vila facendo que a cultura e a solidariedade sexan os protagonistas da noite.

Neste caso, será o coñecido actor Pepe Viyuela o que levará a cabo algunha das súas máis recoñecidas esceas de humor acompañado na Gala de poetas e músicos da Costa da Morte.

Resultado de imagen de pepe viyuela

A Gala terá lugar o luns, 4 de febreiro, a partires das 20h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee. O prezo da entrada é de 8€. A recadación irá destinada á entidade UNRWA (Refuxiados Palestinos).

Venta de entradas habilitada na Biblioteca Municipal Francisco Mayán de Cee en horario habitual (9:30 a 13:30h y 16:30 a 19:30h).

Deixa un comentario

TurismoCee