Prórroga préstamo de libros durante o Estado de Alarma

A Biblioteca Municipal “Francisco Mayán” de Cee informa que todos os préstamos que tiñan data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 27 de abril, e no caso de que a situación se alongue, quedarán prorrogados ata a finalización do confinamento.
Esta mesma prorroga aplicarase aos usuarios que tiñan préstamos que vencían entre o 17 de febreiro e o 13 de marzo (durante os 25 días anteriores á entrada en vigor do confinamento), co obxectivo de evitar que reciban avisos de reclamación durante a crise sanitaria.
Así mesmo, lembramos aos usuarios que cubriron o formulario de autorrexistro do OPAC de Koha, que teñen un prazo dun mes desde a fin da corentena para que se acheguen á biblioteca co obxectivo de obter o carné, xa que se non o fan nese prazo, o rexistro eliminarase automaticamente de Koha e o lector deixará de ter acceso a GaliciaLe.
Saúdos e moita saúde,
José Ramón Rey Senra

Deixa un comentario

TurismoCee