Subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos e á instalación de domótica enerxética (Convocatoria do Instituto Enerxético de Galicia)

 Normativa

Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (IN414B e IN414C). (DOG nº 99 do 25/05/2020)

Obxecto

Convocar para o ano 2020, en réxime de concorrencia non competitiva as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos e á instalación de domótica enerxética en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas, para promover actuacións que fomenten o aforro e eficiencia enerxética.

Persoas beneficiarias

As persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 nunha vivenda sita na CA de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal

Forma de solicitar a axuda

A propia entidade colaboradora (comercio) será a encargada da tramitación da axuda.

Prazo

Prazo solicitude de adhesión de entidades colaboradoras: desde as 9:00 h do 26 de maio de 2020 ao 30 de xullo de 2020.

Inicio prazo de solicitude axudas: 9:00 h do 1 de xullo de 2020 para Actuación 1 e 9:00 h do 2 de xullo  para a Actuación 2.
Finalización  prazo de solicitude: 30 de setembro de 2020 ou ata esgotar fondos.

Máis información 

PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS Y DOMÓTICA ENERGÉTICA AÑO 2020

Tlf. 981 54 15 67 / 981 54 15 10

Deixa un comentario

TurismoCee