Concello de Cee – Programación Nadal 2022 – 2023

Sábado 3. Praza do 8 de marzo, dende as 17.00 horas

Encendido do alumeado de Nadal
Con música, hinchable para os máis cativos, chocolatada e sorpresas

Sábado 3. Auditorio Baldomero Cores ás 20.30 horas.

CON DE TRES PÉS
Quén dixo medo? Carlos Blanco e Oswaldo Digón

Diálogo, xogo, interacción co público, diversión garantizada.
Elenco: Carlos Blanco, Oswaldo Digón.
Espectáculo para maiores de 12 anos
Entradas a 5 e 7 euros: anticipada na Biblioteca e na taquilla unha hora antes o día da función.

Mércores 7. Auditorio Baldomero Cores ás 21.00 horas e 23.00 horas

(entradas á venta en Woutick!es e na Biblioteca Municipal; AGOTADAS as do pase das 21.00 horas)
EL MUSICAL DE LOS 80 Y 90
A Compañía Onbeat presenta ‘El musical de los 80s 90s’, a comedia musical orixinal máis divertida do ano. O musical máis bailado da historia.

Sábado 10  na Biblioteca Municipal Francisco Mayán ás 18.30 horas.

Presentación do libro de Alba Vieites:

Quiero ir al cole.
Herramientas y recursos para motivar al alumnado. Un libro dixixido a familias e docentes.

Sábado 10 Auditorio: 20.00 horas.

CERTAME DE PANXOLIÑAS
– Coral Polifónica San Roque de Vigo
– Orfeón Xan Montes de Lugo
– Coral Polifónica da Costa da Morte

Domingo 11 no Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee ás 18.00 horas.

II Festival Solidario contra o cancro (entrada 5 €)
Coa participación de:
Arte e Movemento, Breogán de Brens, Charanga Os Nosos, Coro do Centro Social, Lucía García, Mestura Folk, Pedras Miúdas e Peta Forte.

Sábado 17. Auditorio Baldomero Cores ás 20.00 horas.

LA HABITACIÓN DE LA MÚSICA

Presentación do disco Cotton Time no que poderemos escoitar temas de Jazz Vogal Clásico que marcaron a banda sonora do século XX e tamén música propia do tempo de nadal.

Domingo 18. no Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee ás 17.00 horas e 19.00 horas

TOY STORY, EL MUSICAL

Tributo a Toy Story: o mellor cumpreanos de Andy.
(entradas á venta en Woutick!es e na Biblioteca Municipal. AGOTADAS as do pase das 17.00 horas)
Un musical interactivo cheo de cancións do universo Disney, dos “cantajuegos” e dos “payasos de la tele”, no que desfrutarán tanto os máis nenos como os adultos.)

Martes 20. no Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee ás 19.00 horas.

Festival de Nadal a cargo do alumnado da Escola de Música de Cee

Venres 23. Praza do 8 de marzo.

(Pases ás 12.00, 13.00, 17.00, 18.00 e 19.00 horas)
MAGO ANTÓN: Mil maxias mais

Mil maxias máis é un espectáculo de maxia de preto, dirixido ao público familiar para poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados polo mago Antón.

Sábado 24. Noiteboa

Un ano máis chega a Cee Papá Nöel para visitar a todos os nenos e nenas de Cee, e por suposto, a todos os veciños e veciñas cos mellores desexos de paz e felicidade para estas festas do Nadal.
Os horarios aproximados de paso da Visita de Papá Nöel pola mañá serán os seguintes:
Gures (campo da festa): 11.00 h. Ameixenda (campo da festa): 11.15 h. Brens (escolas): 11.30 h. Camiños Chans (pista polideportiva): 11.40 h. Toba de Abaixo (Bar Toba): 11.55 h. Estorde (praza de Dona Julia): 12.05 h. (zona aparcamento camping): 12.10 h. Lobelos (Bar
Villaverde): 12.20 h. Morancelle (almacéns Fandiño): 12.25 h. Vilanova:12.30 h. Codesos: 12.35 h. Pereiriña (escola): 12.40 h. Pereira (capela San José): 12.50 h. Porcar: 12.55 h. Lires (praza): 13.05 h. Canosa: 13.15 h. Tedín: 13.20 h. Ruibo:13.25 h. Cabaleriza: 13.30 h. Sembra: 13.35 h. Vilar de Toba (zona aparcamento supermercados estrada A Coruña): 13.40 h. Xallas: 13.50 h. Lagarteira: 13.55 h. Escabanas: 14.00 h.

Pola tarde, na Praza 8 de marzo (Pavillón Polideportivo en caso de choiva), de 16.30 a 19.30 horas:

Recepción de Papá Noël nunha tarde festiva con inchables, música, globoflexia e neve.

Do luns 26 ó venres 30 de decembro. 

Salón de actos do Concello, 16.30 a 19.30 horas  Obradoiros de nadal Artelúdico con pintacaras ou tatuaxes, xogos e outras
sorpresas

Os obradoiros están destinados ós nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos.
Participantes por cada obradoiro: 50
Inscrición: na Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”

Luns 26: Obradoiro de árbore de Nadal e chaveiros
Martes 27: Obradoiro de monecos de Nadal en cartulina e goma eva
Mércores 28: Obradoiro de marcapáxinas navideños
Xoves 29: Obradoiro de centro navideño con polas e follas naturais
Venres 30: Obradoiro de arranxos navideños con barro

Venres 30. Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee ás  20.30 horas

Concerto Fin de Ano coa Banda de Música de Cee
Música galega e internacional propia deste tempo de nadal con artistas invitados para un concerto moi especial.

Sábado 31 e Domingo 1. Noite de Fin de Ano

Despide o 2022 e recibe o 2023 na Rúa Lino Rodríguez Madero.
A partir das 23.30 horas comenzará a festa coa transmisión das tradicionais badaladas, a cargo de Melany, para despedir o Ano Vello. Logo, a comezar o 2023 bailando coa DISCO MÓVIL MEGA CDC.

XANEIRO 2023

Martes 3 e mércores 4, na Praza 8 de marzo (Pavillón Polideportivo Municipal de Cee en caso de choiva)

De 16.30 a 19.30 horas

Festa de animación infantil con tres grandes inchables, na que contaremos coa visita do paxe real, podendo deixar a túa carta ás SS.MM. Reis Magos de Oriente.

Xoves 5 de xaneiro, VISITA DAS SS.MM. REIS MAGOS

Como colofón a toda a programación de nadal que se estivo a desenvolver nas semanas anteriores, o Concello de Cee recibirá neste día unha visita moi especial, a das SS.MM. os Reis Magos de Oriente, que un ano máis acudirán puntuais á súa cita con todos os veciños e veciñas de Cee, e moi especialmente con todos os nenos e nenas.

Pola mañá visitarán as diferentes parroquias cos seguintes horarios de paso aproximados:
Gures (campo da festa): 10.45 h. Ameixenda (campo da festa): 11.00 h. Brens (escolas): 11.15 h. Camiños Chans (pista polideportiva): 11.30 h. Gardería Muncipal: 11.35. Toba de Abaixo (Bar Toba): 11.55 h. Estorde (praza de Dona Julia): 12.05 h. (zona aparcamento camping): 12.10 h. Lobelos (Bar Villaverde): 12.20 h. Morancelle (almacéns Fandiño): 12.25 h. Vilanova:12.30 h. Codesos:
12.35 h. Pereiriña (escola): 12.40 h. Pereira (capela San José): 12.50 h. Porcar: 12.55 h. Lires (praza): 13.05 h. Canosa: 13.15 h. Tedín: 13.20 h. Ruibo:13.25 h. Cabaleriza: 13.30 h. Sembra: 13.35 h. Vilar de Toba (zona aparcamento supermercados estrada A Coruña): 13.40 h. Xallas: 13.50 h. Lagarteira: 13.55 h. Escabanas: 14.00 h.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas terá lugar á recepción real no Museo Fernando Blanco.

Despois da mesma, en torno ás 19.00 horas aproximadamente, os fogos de artificio anunciarán o comenzo da tradicional Cabalgata, que percorrerá as rúas Domingo Antonio de Andrade, Praza das Palmeras, Avenida Fernando Blanco, Avenida Fisterra, Rúa Pontevedra, Estatuto de Autonomía, Rúa Independencia, Avenida Lino Rodriguez Madero, Praza Ketty Quintana, Estatuto de Autonomía, Rúa Europa e Praza da Constitución.

E tamén ….

Exposicións na Casa de Cultura

Ata o 15 de decembro
ENCONTRO A TRES
Exposición de pintura a cargo dos artistas Isabel Soutullo, Josecho González e Maribel Castiñeira (XMÑ).
Na mesma comparten espazo obras nas que prima a defensa e o coidado do medio ambiente, a xeometría e a cor, ou a intuición e o estado de ánimo do propio artista.

Exposición ATE O FIN : O Camiño de Santiago a Muxía e Fisterra

Do 20 aó 23 de decembro
Unha ollada actual para a posta en valor deste Camiño no que Cee xoga un papel fundamental como capital de servizos.

Deixa un comentario

TurismoCee