Concesión de axudas a financiación de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU
O concello de Cee implantará o servizo de recollida de aceite de cociña usado a domicilio. Realizarase mediante a entrega de bidóns de 10 litros por todos os domicilios do municipio.
A primeira fase consiste na adquisición por parte do concello da adquisición de 3.500 bidóns de 10 litros con cargo a unha subvención da Xunta de Galicia financiada con fondos europeos NEXT GENERATION EU.
Ademais o concello de Cee realizará dípticos informativos que se distribuirán con cada bidón, así como a realización de charlas informativas que asesoren do servizo.
MT975J ATPM-064-2022-RES- SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS GALEGAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL. FONDOS DE RECUPERACIÓN E RESILIENCIA.
O concello de Cee realiza a implantación do servizo de recollida de aceite de cociña usado porta a porta con cargo á subvención MT975J – ATPM-064-2022-RES.
Nº de expediente | Solicitante | Provincia | Línea Subvencionable | Total Gastos subvencionables | % Cofinanciamento |
Importe Subvención
|
ATPM-064-2022-RES. | CEE | CORUÑA | LIINEA 1 – ACEITE | 16.875.00 € | 12% | 14.850 € |
Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (DOG nº. 238 do 14 de decembro de 2021)