Actualizado 06/05/2021. Concurso Biblioteca Municipal 2021

Bases «Achegamento ao Libro 2021»

Carta Presentación «Achegamento ao Libro 2021»

Despois de vernos obrigados a cancelar os concursos o ano pasado, por primeira vez nos seus 29 anos de existencia, debido á situación de emerxencia sanitaria pola evolución epidemiolóxica da COVID-19 e as restricións decretadas co estado de alarma;  diríxome a vostede para informalo/a dos próximos concursos que organiza a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee.

A Biblioteca, conxuntamente coa Corporación municipal, tenta realizar dun xeito permanente unha animación cultural que afonde no ámbito cultural do noso Concello e comarca.  Así é como a Biblioteca e a Concellería de Deportes, Cultura, Festexos e Turismo volven, un ano máis, convocar estes premios, co único fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura.

É motivo de satisfacción persoal lembrar que este ano o concurso de “Achegamento ao Libro” chega a súa trinta edición, e aproveito a ocasión para amosar o meu máis sincero agradecemento a todos os rapaces e rapazas que ano tras ano participan nestes concursos,  e que a día de  hoxe son 7.402 os traballos presentados aos diferentes certames, xa que son eles os verdadeiros artífices e protagonistas destes concursos e a razón de ser dos mesmos.

Ao igual  que en anos anteriores, destacar que nesta edición tan poderán participar os alumno/as de Educación Primaria, e que a dotación económica dos premios mantense en todas as categorías; por outra banda, volvo a pedir a todos os participantes a obriga de cumprimento coas bases dos diferentes concursos, facendo fincapé coas que fan referencia á presentación dos traballos, que deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ATA O DÍA 8 DE ABRIL ou enviar por correo ordinario, antes da devandita data.

Considerando que todos os premios que convoca este ano a Biblioteca Pública Municipal son de interese para os nenos da nosa comarca, temos a ben enviarlle as bases que rexerán os ditos concursos para que sexan difundidas ó maior número posible de rapaces.

Un afectuoso saúdo.

 

José Ramón Rey Senra (Técnico da Biblioteca)

Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”

Casa da Cultura, 3º andar. Paseo do Alcalde Pepe Sánchez, nº 9

15270 – Cee ( A Coruña)

Tfno.: 607029896 / 981745100

E-mail :  cee.rbgalicia@eidolocal.es

Bases Concursos Biblioteca Municipal Francisco Mayán 2021

Bases Concursos Biblioteca Municipal Francisco Mayán 2021

Participación 2021

A Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, quere facer público o seu agradecemento, aos diferentes medios de comunicación que colaboraron difundindo a convocatoria dos concursos da presente edición e a tódolos mestras e mestres dos distintos centros educativos que animaron aos rapaces e rapazas a participar nos mesmos, así como a todas e todos os participantes por agasallarnos coas súas obras, que sen dúbida foron froito dun laborioso traballo, dada a calidade das mesmas.

Concursos que teñen como obxectivos fundamentais, fomentar a creación literaria, promocionar a  lectura e facilitarlle aos nenos e nenas de Educación Primaria canles de expresión creativa na nosa lingua, para desta maneira contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude.

O número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2021 foron un total de 247 traballos, repartidos do seguinte xeito:

XXX CONCURSO LITERARIO DE “ACHEGAMENTO AO LIBRO” :

 -1º e 2º  Curso de Primaria: 18

-3º e 4º  Curso de Primaria: 39

-5º e 6º  Curso de Primaria: 50

XVII CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS” :

 -Traballos presentados        : 140            

      Nos trinta anos de vida (1992-2021) destes certames contabilízanse a día de hoxe un total de 7.649 traballos presentados.

A entrega de premios será o venres 14 de maio ás 18.00 horas no Auditorio “Baldomero Cores” da  Casa da Cultura do Concello de Cee.

Acta do Xurado

Acta do xurado referente ao XXX Concurso Literario de Achegamento ó Libro e do XVII Concurso 'En busca do noso Marca-páxinas'

 

Deixa un comentario

TurismoCee