Concursos Biblioteca Municipal 2020

Bases “Achegamento ao Libro 2020”.

Carta Presentación Achegamento ao Libro 2020

A Biblioteca, conxuntamente coa Corporación municipal, tenta realizar dun xeito permanente unha animación cultural que afonde no ámbito cultural do noso Concello e comarca.  Así é como a Biblioteca e a Concellería de Deportes, Cultura, Festexos e Turismo volven, un ano máis, convocar estes premios, co único fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura.

 

É motivo de satisfacción persoal lembrar que este ano o concurso de “Achegamento ao Libro” chega a súa vixésima novena edición, e aproveito a ocasión para amosar o meu máis sincero agradecemento a todos os rapaces e rapazas que ano tras ano participan nestes concursos, que a día de  hoxe son 7.402 os traballos presentados aos diferentes certames, xa que son eles os verdadeiros artífices e protagonistas destes concursos e a razón de ser dos mesmos.

 

Así mesmo, queremos facer público o noso agradecemento á IMPRENTA PACO de Cee por facer gratuitamente os nosos marcapáxinas, tal como leva facendo os últimos catorce anos.

Ao igual  que o ano pasado, destacar que nesta edición tan poderán participar os alumno/as de Educación Primaria, e que a dotación económica dos premios mantense en todas as categorías; por outra banda, volvo a pedir a todos os participantes a obriga de cumprimento coas bases dos diferentes concursos, facendo fincapé coas que fan referencia á presentación dos traballos, que deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ATA O DÍA 1 DE ABRIL ou enviar por correo ordinario.

 

Considerando que todos os premios que convoca este ano a Biblioteca Pública Municipal son de interese para os nenos da nosa comarca, temos a ben enviarlle as bases que rexerán os ditos concursos para que sexan difundidas ó maior número posible de rapaces.

 

Un afectuoso saúdo.

 

José Ramón Rey Senra (Técnico da Biblioteca)

Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”

Casa da Cultura, 3º andar. Paseo do Alcalde Pepe Sánchez, nº 9

15270 – Cee ( A Coruña)

Tfno.: 607029896 / 981745100

E-mail :  cee.rbgalicia@eidolocal.es

Bases Concursos Biblioteca Municipal Francisco Mayán 2020

Bases Concursos Biblioteca Municipal Francisco Mayán 2020

 

Deixa un comentario

TurismoCee