Contratación de 8 Peóns de Obras e Servizos Mínimos Municipais 2021

Convocatoria para a selección de oito peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2021

CONTRATACIÓN DE OITO PEÓNS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2021

Contrato de duración determinada a tempo parcial por obra ou servizo, tipo 501.
Categoría profesional: PEÓN ESPECIALISTA
Duración: Sete meses ou ata o 31/12/2021.
N.º de traballadores: 8.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Prazo de presentación de solicitudes dende o 23/03/2021 ata o 07/04/2021

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

OBRIGATORIA:

  • Solicitude nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
  • Documentación acreditativa de estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo (Tarxeta de desemprego, certificado de períodos de inscrición, …)
  • Documentación acreditativa de atoparse nalgunha das situacións de exclusión social sinaladas no punto 7 do artigo 5 destas bases:
    • Mulleres.
    • Maiores de 45 anos.
    • Persoas desempregadas de longa duración. Para os efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
    • Persoas con discapacidade.
    • Persoas que vivan nun fogar no que ninguén teña emprego.
    • Persoas con fogar monoparental.
    • Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
    • Persoas vítimas de violencia de xénero.
    • Persoas sen fogar.
    • Persoas en situación de drogodependencia

VOLUNTARIA:

Experiencia profesional: 

Certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañada de documentación acreditativa da categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo. (Vida laboral + contrato de traballo)

Formación:

Formación específica, debidamente acreditada e homologada, relacionada co posto de traballo, impartida por administracións públicas ou por entidades e organismos autorizados.

Participación en programas de capacitación, formación e integración no mercado laboral organizados e/ou financiados polas Administracións Públicas.

A acreditación dos cursos/programas formativos realizarase mediante o correspondente certificado da súa realización. 

MÁIS INFORMACIÓN

Bases: Bases Peón 2021
Anexo I: Peón 2021 (DOCX)

 

5 comentarios en “Contratación de 8 Peóns de Obras e Servizos Mínimos Municipais 2021”

Deixa un comentario

TurismoCee