Competencias clave
Apertura do prazo de inscrición para a convocatoria de probas de avaliación en competencias clave.
Todas aquelas persoas que non posúan estes requisitos formativos ou profesionais poderán acceder igualmente aos certificados de profesionalidade se acreditan que teñen as competencias clave.
Así pois, as competencias clave son un conxunto de capacidades e contidos xerais ou básicos que aseguren a formación mínima necesaria para cursar con aproveitamento os módulos dos certificados de profesionalidade, co fin último de fomentar a calidade e a integración da formación profesional para o emprego.
As competencias clave poden ser:
de nivel 2, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 2
de nivel 3, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 3
Cales son as competencias clave:
- Competencia matemática
- Competencia en lingua galega
- Competencia en lingua castelá
- Competencia en lingua extranxeira (inglés)
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo en lingua estranxeira.
Convocatoria de competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
Convóvanse probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. (código de procedemento TR306A).
Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230110/AnuncioG0656-241122-0001_gl.html
TR306A – Probas de competencias clave: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR306A
Anexo I : Solicitude: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23768578
Fin do prazo de presentación de solicitudes: Ata o 10 de febreiro de 2023
- Competencia matemática
- Comunicación en lingua galega
- Comunicación en lingua castelá
- Comunicación en linguas estranxeiras (inglés)
Presentación de solicitudes .
1. Para participar nestas probas deberase presentar unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (exemplo, no rexistro do teu concello)
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave
3. As persoas interesadas con discapacidade recoñecida cun grao igual ou superior ao 33%, no caso de solicitaren adaptacións, teñen que o indicar na solicitude de inscrición nos recadros do bloque de persoas con algunha discapacidade.
-PODES PREPARARTE PARA OBTER AS COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO CAMPUS VIRTUAL DE EMPREGO DA XUNTA DE GALICIA
Tes a túa disposición 8 cursos en liña en modo autoformación para preparar as probas libres de competencias clave convocadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave/autoformacion-campus-virtual
Puntos de información:
-INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS
Rúa San Lázaro, s/n C.P 15781 – Santiago de Compostela (A Coruña=
Email: ctb.igcualif@xunta.gal
Servizo de Acreditación das Cualificacións e Fomento das Capacidades
Teléfonos: 981 546 840, 981 546 843, 981 546 845, 981 546 854, 981 546 858
– SERVIZOS DE FORMACIÓN DAS XEFATURAS TERRITORIAIS DA CONSELLERÍA
PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Rúa Gregorio Hernández, 2-4 C.P: 15071 – A Coruña Tlfno: 881 881 569
– Na tua oficina de emprego ou na oficina da orientadora laboral do Concello de Cee
Tlfno 981 745 100 – orientacion.laboral@cee.gal