Á EsCEEna 2017

A III Semana do teatro e das artes escénicas de Cee, Á EsCEEna, encherá a vila da Xunqueira de teatro entre os días 18 ao 24 de agosto.

De todos é coñecido que o fin das Festas da Xunqueira en Cee son sinónimo de teatro. Un día. Un só día temos este ano para descansar entre as dúas datas xa que o día 18 de agosto comeza a III Semana do teatro e das artes escénicas, Á EsCEEna. O prato forte do Verán Cultural ceense ten este ano un cartel de auténtico luxo.

  • Venres, 18 de agosto: “O Tolleito de Inishman” de Martin Mcdonagh

    Entradas: 7€ xeral, 5€ bonificada.

SINOPSE

Un texto de personaxes labrados e brillantes, no que os actores poden facer alarde do seu oficio e talento. Un elenco de actores e actrices de gran atractivo pola súa exitosa e constante presencia no teatro e no audiovisual, nunha combinación de profesionais de larga e premiada experiencia con novos e xa recoñecidos valores no mundo da interpretación.

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosos, pintorescos, característicos… Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente illado, viven as súas vidas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten un afán que para él parece extremadamente difícil: transcender ese ámbito pechado que está obrigado a habitar; un lisiado que persigue un soño que en él parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.

Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante composta para o espectáculo, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, como o irlandés.

  • Sábado, 19 de agosto: “O Furancho” de Ibuprofeno Teatro

    Entradas: 5€ xeral, 3€ bonificada.

SINOPSE

No noso Furancho pode consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e disfrutar dun espacio de comunión e de complicidade no que o público se empapa coa máis pura e sinceira expresión da comedia hilarante.

E para os que non beben alcohol en exceso, no noso balneario Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro se ofrecen tratamentos de beleza e saúde basados na viñoterapia. O corpo humano é unha vide que se expande. Cada célula é unha uva que flue no interior. Cruzamos as semillas das variedades máis exquisitas para encontrar a combinación perfecta que te aporte relax e benestar. Todo elo sin productos químicos nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

  • Domingo, 20 de agosto: “Terapia de bar” de O Aturuxo de Melpómene

    Entradas: 5€ xeral, 3€ bonificada.

SINOPSE

TERAPIA DE BAR é unha comedia de terror, vicios e manías.

O bar “Da costa” non está na costa.  É un bar perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara vepara ninguén e cando o fai, non volve nunca máis .

A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (Aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (Aínda que só sexa unha chamada polo

móbil) e a ambición desmesurada  polo diñeiro (Aínda que  o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada.)

Cada cliente que teña a mala sorte de entrar no bar “Da costa” comprobará nas súas propias carnes as terribles terapias que lles aplicaran os “salvadores” para liberalos dos seus vicios: acupuntura con coitelos de matar porcos, hipnose a base

de facerlle inxerir ó paciente varias caixas de pastillas para durmir, ou exorcismos  con litros de licor café  que introducen no “vicioso” para sacarlle o demo do corpo.

Cada terapia elimina efectivamente cada vicio, aínda que  con pequenos danos colaterais: tamén  pode eliminar ó paciente.

TERAPIA de bar non é “A matanza de Texas”, pero coidado, tampouco é “La casa de la Pradera”. Se se atreven, visiten o “Bar Da Costa”.

  • Luns, 21 de agosto: “Foucellas” de Talía Teatro

    Entradas: 5€ xeral, 3€ bonificada.

SINOPSE

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un ‘foucellas’. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe!
Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación… as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal.
Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico… o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.
Dani Trillo recibe o premio María Casares 2017 á Mellor Escenografía.

  • Martes, 22 de agosto: “Menú da noite” de Luis Davila e Carlos Blanco

    Entradas: 7€ xeral, 5€ bonificada.

SINOPSE

O novo espectáculo de Carlos Blanco.

Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentáneamente) a falda escocesa e se poñen esmokin para sachar como é debido.
E ata cociñan caldo en directo.
Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para encontrar o cóctel perfecto.
Desta volta viaxan a Broadway.
Cos sachos, claro.
E bailan claqué e todo.
A animación incluida.
Un xoguete escénico, un traballo a dúo donde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo.
Menú da Noite
I+D
Con música de Budiño e Kepa Junquera.
Risas aseguradas (e debuxadas).

  • Mércores, 23 de agosto: “O caso é ter saúde” de Malasombra Produccións

    Entradas: 5€ xeral, 3€ bonificada.

SINOPSE

Un vintedous de decembro, o día da lotaría de Nadal,  Miki vive dúas circunstancias das que cambian por completo unha vida:Lola, a súa parella,  o abandona repentinamente e sen previo aviso despois de vinte anos de relación, e minutos máis tarde, o seu décimo resulta premiado con catro centos mil euros do gordo da lotaría. Miki non sabe cómo sentirse, pois está eufórico e deprimido a partes iguais. Esta situación sumada á visita do seu amigo Suso, a posterior chegada dunha prostituta rusa chamada Irina e a inesperada aparición dun ladrón italiano chamado Dimitri farán que Miki viva a hora e promedio máis intensa e confusa da súa vida.

A obra transcurre nun entorno de crise,  nun ambiente de clase media decadente, que ten que buscarse a vida de calqueira xeito para sair adiante. O público, a través do distanciamiento que produce a comedia, deixando ver claramente o ridículo das situacións,  é o espectador privilexiado que observa ata que extremos se pode chegar con tal de sair adiante, aínda que sexa traicionando aos seres máis queridos ou facendo aquelas cousas que nunca se pensaron facer.

O caso é ter saúde, é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o soriso e a gargallada durante a duración do espectáculo,  que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles.

Dende o humor, “O caso é ter saúde”  fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.

  • Xoves, 24 de agosto: “Eroski Paraíso” de Chévere

    Entradas: 7€ xeral, 5€ bonificada.

SINOPSE

A primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro

Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Logo emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.

A obra conta con sobretítulos proxectados que están adaptados para persoas xordas ou con problemas de audición.

Trailer Eroski Paraíso VOSE from Grupo Chévere on Vimeo.

ENTRADAS

Á EsCEEna conta co apoio, coma outros anos, da Rede Galega de Teatros e Auditorios, da Deputación da Coruña e de Ferroatlántica que fan posible traer a Cee teatro de primeiro nivel tanto autonómico como nacional.

As entradas serán de 7€ en taquilla (5€ especial) ou 5€ (3€ especial) dependendo da obra. Os abonos estarán disponibles por 30€ por las 7 funciones para el público general y 20€ para el especial (pensionistas, estudiantes y desempleados). Todos os espectáculos comezarán ás 21:30h. A taquilla se abrirá 45 minutos antes de cada función.

Bonos á venta
Bonos á venta o venres, 18 de agosto, na Casa da Cultura de Cee. Horario: 10 a 13:30h. Taquilla aberta dende as 20h. Faite co teu e esquéncete das colas!

2 comentarios en “Á EsCEEna 2017”

    • Hola. Todas as obras comezan ás 21:30h e a taquilla se abre 45 minutos antes de cada función. Foi un erro non incluilo no artigo. Sí están especificadas no cartel, noutros artigos e nas publicacións en redes sociais. Lamentamos as molesteis que puidera causar. Está correxido. Desculpas e gracias polo aviso.

      Responder

Deixa un comentario

TurismoCee