Á EsCeena 2018

A IV Semana do teatro e das artes escénicas será en Cee do sábado 16 ao venres 24 de agosto.

Como cada verán, o agosto ceense ven cargado de teatro e cultura. Dentro do Verán Cultural 2018 chega a IV Semana do Teatro e das Artes Escénicas de Cee, “Á esCEEna”, na que os mellores grupos e obras do panorama teatral galego e nacional poden ser apreciadas polo público ceense a precios populares. Non hai que sair de Cee para disfrutar do bo teatro. ¡Que se abra o telón!

ENTRADAS

As entradas para cada espectáculo estarán á venta 45 minutos antes de cada espectácilo. O días 19, 20, 21 e 23 o prezo das entradas será de 7€ a entrada xeral e 5€ a bonificada para pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados. Os días 18, 22 e 24 de agosto serán de 5€ a entrada xeral e 3€ a bonificada para pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados.

Como cada ano, haberá bonos á disposición do público que corresponderán á entrada das 7 función. O prezo é de 30€ para o público xeral e 20€ para entradas bonificadas. Estarán á venta na Biblioteca Municipal Francisco Mayán a partir do luns, 6 de agosto en horario de 8 a 14h.

Venres 18. SENIOR de Culturactiva

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser “sénior”? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, cun texto enxeñoso de creación propia.

Resultado de imagen de sénior culturactiva
Versión e dirección: Avelino González. Con: Marcos Orsi e Luis Iglesia.

Rede Cultural da Deputación. 

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 5 € entrada xeral; 3 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

Sábado 19. A CABEZA DO DRAGÓN de Producións Teatrais Excéntricas.

A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou irónicamente, “Tablado de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.

Catro Premios María Casares 2018: Iván Marcos (Mellor Actor Protagonista), Víctor Mosqueira (Mellor Actor Secundario), Quico Cadaval (Mellor Adaptación/Tradución) e Suso Montero (Mellor Vestiario). Un espectáculo que xa forma parte da historia do teatro galego grazas a súas máis de 40 funcións, máis de 15.000 espectadores, e ser o primeiro Valle-Inclán en galego.

Imagen relacionada
Versión e dirección: Quico Cadaval. Con: María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira,
Marcos Orsi, Josito Porto, Patricia Vázquez e Quico Cadaval.

Rede Cultural da Deputación.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente
acreditados.

Luns 20.CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA, de Mofa&Befa.

“Cranios Privilixados ou crítica da razón perralleira”, o novo espectáculo de MOFA&BEFA, proponse como un regreso ás orixes, á procura da raíz e do impulso cómico que animou a carreira estas dúas luminarias do xitanismo ilustrado.
Logo de vintecinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de escenarios, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas… o celebrado dúo cómico MOFA & BEFA enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?

Resultado de imagen de cranios privilexiados
Textos: Carlos Santiago e Pepe Sendón. Dirección: Carlos Santiago. Con: Víctor Mosqueira e Josito Porto.

Rede Cultural da Deputación.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

Martes 21. A CANCIÓN DO ELEFANTE, de Redrum

O texto de Nicolas Billon chegará ao noso teatro da man de Redrum, primeira compañía en adaptalo no estado español. É unha obra que se ten representado con gran éxito en Canada, nos Estados Unidos ou
Xapón. Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persona que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer. “A Canción do Elefante” é un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o seu desenlace.

Teatro. Dirección: Alex Sampayo. Con: Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez.

Rede Cultural da Deputación.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.
Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

Mércores 22. FILLOS DO SOL, de Contraproducións

A obra ofrece unha versión dos últimos anos da vida do poeta Eduardo Pondal, cando nunha pensión da Coruña trata de rematar a súa obra épica Os Eoas e concíbese como unha homenaxe ao controvertido escritor no centenario da súa morte. Pondal foi, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, «un dos tres pés poéticos do Rexurdimento Galego». Os actores manteñen unha relación divertida e emotiva ó mesmo tempo, na que se abordan temáticas como os perigos do perfeccionismo, os usos da lingua, a emigración e mesmo a emancipación feminina.

Resultado de imagen de fillos do sol contraproduccións

Texto e dirección: Cándido Pazó. Con César Cambeiro, Adrián Rios e Alba Bermúdez

Rede Cultural da Deputación.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 5€ entrada xeral; 3€ entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

Xoves 23.UBU REI, de Talía Teatro.

Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral. Nesta ocasión, Ubú O ́Reilly terá como aliado a un Bordure transfigurado en Liam ÓConnor para destronar ao rei do porto: Dugan O ́Sullivan. O trasfondo da obra constitúe unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade.

Resultado de imagen de ubú rei talía
Texto: Alfred Jarry. Dirección: Roberto Salgueiro. Con oito actores en escena: Toño Casais, David Creus, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo. Obra para maiores de 14 anos.

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.
Prezos: 7 € entrada xeral; 5 € entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados .

 

Venres 24. LOS DOS GEMELOS VENECIANOS, de MDM

Por primeira vez chega a Cee esta compañía de orixe arxentina, afincada en Madrid desde o ano 2005 e que leva ás súas costas máis de mil representacións nos seus quince anos de existencia participando en numerosos festivais tanto nacionais como internacionais. Nesta obra homenaxean a Goldoni, un dos autores italianos máis virtuosos da Commedia dell’Arte. Tonino e Patricio son dous xemelgos, separados desde nenos, que no se viron nunca, aínda que saben cada un da existencia do outro. Tonino é tan bobo, simple e pegado á terra como Patricio audaz e vividor. A chegada dos dous a Verona provocará mil equívocos e enredos.

Trátase, en definitiva, dun xogo de espellos, no que o cotidiano mestúrase co fantástico, e no que as andanzas dos xemelgos non son máis que unha excusa para falar da dualidade humana.

Imagen relacionada

Producciones (Madrid). Texto. Carlo Goldoni. Adaptación e dirección: MDM. Con: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier García.

Taquilla aberta 45 minutos antes da función.

Prezos: 5€ entrada xeral; 3€ entrada pensionistas, estudantes e desempregados debidamente acreditados.

 

Deixa un comentario

TurismoCee