Aínda que a Xunqueira xa pasou, o verán non rematou aínda en Cee e tampoco o Verán Cultural do Concello. A tradicional animación da rúa encherá Cee de acrobacias, clown, maxia e teatro entre os días 27 3 31 de agosto.
Como punto final a este Verán Cultural 2017, a tradicional animación da rúa na Praza da Constitución tenrá lugar do 27 ao 31 de agosto. A colaboración do Concello de Cee e o programa Cultura no Camiño 2017 fará posible encher a Alameda ceense de acrobacias, clown, maxia, malabares, teatro e ilusións ópticas. Será ás 20:30h, excepto o día 31 que empezará a partir das 18h.
-
Domingo, 27 de agosto ás 20:30 na Alameda: Pistacatro
Dentro do programa Cultura no Camiño 2017, Pistacatro chega a Cee cun espectáculo de novocirco. Espectáculo da compañía Pistacatro Productora de Soños para o programa Cultura no Camiño.
-
Luns, 28 de agosto ás 20:30h na Alameda: Francesca Martello
SINOPSE
A protagonista colga a colada na praza pública de cada vila que visita e coa súa lavadora portátil crea confusión na tranquila vida dos habitantes. Este show baséase sobre unha innovadora forma de espectáculo de rúa, onde a manipulación de obxectos, clown e malabares son as bases para a comunicación narrativa.
Os espectadoares están directamente implicados en todo o espectáculo.
-
Martes, 29 de agosto ás 20:30h na Alameda: Lila Star
SINOPSE
Esta artista branca con alma de negra, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, apaixoada da purpurina e obsesiva pola cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do club de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, casi casi, de Pink Floyd (!ay! se puxesen un pouco de blues nese pink…) leva á escena un especta-culazo con mooooooooitooooo flow, onde os equilibrios imposibles sobre obxectos se fan posibles a ritmo de temazos que non poderás deixar de bailar!!!!
Lila Star Yeah!
-
Mércores, 30 de agosto ás 20:30h na Alameda: “Por qué é salgada a auga do mar” de Os Quinquilláns
SINOPSE
Os Quinquilláns presentan, neste espectáculo teatral de pequeno formato, unha divertida obra con dous actores onde se debate sobre a orixe do sal na auga do mar.
O argumento parte dun conto tradicional que trata de dar explicación á salinidade dos océanos e que ten versións en case todas as culturas do mundo, aínda que Os Quinquilláns fan unha adaptación para cada función, con alusións á xeografía e medio natural da zona de representación: xeografía, coñecemento do medio, ecoloxía, ciencia, bioloxía, historia natural, experimentos científicos, patrimonio oral, tradición, mediciña natural…
Sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, o espectáculo irá acompañado dun pequeno pasarrúas con bonecos inchables, no que o público acompañará aos personaxes a unha “expedición aos fondos mariños” na que descubrirán como viven e se desenvolven especies coma a manta-raia, o cabaliño de mar, os peixes de cores…
-
Xoves, 31 de agosto ás 18:00h na Alameda: “Ilusións ópticas” co Mago Romarís
SINOPSE
Unha ilusión óptica é calquera ilusión do sentido da vista que nos leva a percibir a realidade de forma errónea, un erro na interpretación que fai o noso cerebro sobre as sinais que o ollo lle envía. Gracias a este “erro” de apreciación, podemos desfrutar das sensacións únicas e incríbles que nos brindan as Ilusións Ópticas. E podemos transformar ese suposto “erro” nunha experiencia didáctica, nunha experiencia divertida, convertila nunha experiencia única.
Esta exposición recolle unha selección das mellores e máis efectivas Ilusións Ópticas, dende as máis clásicas que levan sorprendendo dende fai siglos, ata as máis novedosas e impactantes. Un conxunto de máis de cincuenta Ilusións Ópticas que non van deixar indiferente a ninguén. O seu formato, cuidadosamente elaborado, os seus contidos, dirixidos a todos os públicos, invitan ao espectador a ser protagonista. O seu carácter lúdico, didáctico e interactivo, fan desta exposición unha actividade única e diferente, ata agora nunca vista no noso país. O éxito desta exposición está garantido polo inxenio e talento dos seus creadores, dos recoñecidos expertos en sorprender ao público: o Mago Vituco e o Mago Romarís.
O público, calquera que sexa a súa idade, se ve cautivado por cada unha das Ilusións Ópticas que lle son presentadas, e se ve animado a interactuar con elas. Síntese protagonista nestas experiencias, e despois de tocar, medir, comprobar e poñer a proba o seu sentido visual, seguirá sin poder crer o que está vendo. Hologramas, anamorfosis, paradoxas, etc… porán a proba o inxenio de cada participante..
Invitamos ao público a descubrir e coñecer con nós o porqué e o cómo destas fabulosas e fascinantes Ilusións Ópticas en “VER PARA CRER”.