Cabalgata dos Reis Magos 2017

Como cada ano, as Excelentísimas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, visitarán Cee o día 5 de xaneiro para reunirse con todos os nenos e nenas antes de emprender o traballo de cada ano e repartir agasallos a todos os que, por suposto, se portaron ben durante todo o ano.

A recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar comezará ás 17h e terá lugar no Museo Fernando Blanco de Lema (Antiga Escola das Nenas). Alí, os pequenos e pequenas ceenses poderán acercarse aos Reis para facerlle chegar as súas cartas e demandas de última hora.

A partir das 18:30h, os fogos de artificio marcarán o inicio da Cabalgata para que os de Oriente, acompañados de personaxes tan coñecidos como Chase da Patrulla Canina ou os Minios Kevin e Bob entre outros, percorran as rúas de Cee.

  • Cabalgata 2017 cos Reis Magos de Oriente

O recorrido será o seguinte:

  • Domingo Antonio de Andrade
  • Praza das Palmeras
  • Avenida Fernando Blanco
  • Avenida Fisterra
  • Rúa Pontevedra
  • Estatuto de Autonomía
  • Rúa Independencia
  • Avenida Lino Rodríguez Madero
  • Praza da Constitución

Ademáis, o mesmo día 5 de xaneiro pola mañá, as Maxestades de Oriente acudirán á Escoliña de Cee para facer unha visita aos máis cativos e entregarlles os agasallos para a guardería que deberán compartir entre todos e todas. Os padres que o desexen poderán asistir á recepción no siguinte horario:

  • De 11 a 12h, na sala de usos múltiples, con nenos e nenas de 0 a 1 ano e de 1 a 2.
  • De 12 a 13h, na aula dos Esquíos, con nenos e nenas de 2 a 3 anos.

Os reis Magos de Oriente e o Concello de Cee convidan a todos os ceenses e visitantes a participar nesta Cabalgata 2017 que, como cada ano, se prepara con gran ilusión dende a Concellería de Cultura.

1 comentario en “Cabalgata dos Reis Magos 2017”

Deixa un comentario

TurismoCee