Cabalgata de Reis – 2020

Como cada ano, as Excelentísimas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, visitarán Cee o día 5 de xaneiro para reunirse con todos os nenos e nenas antes de emprender o traballo de cada ano e repartir agasallos a todos os que, por suposto, se portaron ben durante todo o ano.

As Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, visitarán o Hospital Virxe da Xunqueira arredor das 16:15 h.

A recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar comezará ás 17h e terá lugar no Museo Fernando Blanco de Lema (Antiga Escola das Nenas). Alí, os pequenos e pequenas ceenses poderán acercarse aos Reis para facerlle chegar as súas demandas de última hora.

 

O recorrido será o seguinte:

  • Domingo Antonio de Andrade
  • Praza das Palmeras
  • Avenida Fernando Blanco ata Camiños Chans
  • Regreso por Avenida Fernando Blanco ata o Cruce de Roget
  • Avenida Fisterra dirección Coruña ata rotonda da Peugeot
  • Regreso por Avenida Fisterra ata a Frontera
  • Paseo Alcalde Pepe Sanchez
  • Estatuto de Autonomía
  • Rúa Independencia
  • Avenida Lino Rodríguez Madero
  • Estatuto de Autonomía
  • Rúa Europa
  • Praza da Constitución

Ademáis, o mesmo día 5 de xaneiro pola mañá, as Maxestades de Oriente percorrerán as diferentes parroquias de Cee co seguinte horario estimado:

  • 10:20 – Escola de Pereiriña
  • 10:40 – Igrexa de Pereiriña
  • 11:00 – Praza de Lires (As Eiras)
  • 11:30 – Praza Dona Xulia – Estorde
  • 12:00 – Zona do Bar de Toba
  • 12:30 – Campo da Festa de Ameixenda
  • 13:00 – Casa de Cultura de Brens

Os Reis Magos de Oriente e o Concello de Cee convidan a todólos ceenses e visitantes a participar nesta Cabalgata 2020 que, como cada ano, se prepara con gran ilusión dende a Concellería de Cultura.

Deixa un comentario

TurismoCee