O Entroido 2018 está xa a volta da esquina. Os días 13 e 17 o celebraremos en Cee por todo o alto. Festa para os pequenos, inchables, desfile, concurso… ¡Todo o Entroido en Cee!
De todos é sabido como se celebra o Entroido en toda Galicia. Esta é unha data importante para nós, así que en Cee, tamén temos festa rachada para celebrar o Entroido 2018.
As citas máis importantes serán os días 13 e 17 de febreiro.
Martes 13 de febreiro: Festa Infantil
Inchables, obradoiro de maquillaxe e sesión disco. De 16 a 20 horas para todos os pequenos ceenses e visitantes. Será na Praza 8 de marzo (Polideportivo Municipal en caso de choiva).
Sábado 17 de febreiro: Concurso de Comparsas
A partir das 16:30h, Cee se encherá de disfraces co Gran Desfile de Comparsas que percorrerán as rúas para dirixirse ao Polodeportivo Municipal onde se realizará o concurso con 4500 € en premios para as mellores comparsas.
O prazo de inscrición para os grupos será do 5 ao 14 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello.
ACTUALIZACIÓN 31/01/18
Bases Concurso de Comparsas