I Ciclo de Teatro Amador AMATEGA. “MI GRAN MANSIÓN”

I Ciclo de Teatro Amador AMATEGA coa obra “Mi Gran Mansión”

LUGAR: Auditorio Baldomero Cores. Casa de Cultura de Cee.

DATA: 1 de decembro

HORA: 20:00 horas.

Obra recomendada para maiores de 12 anos.

Comedia con Suspense. 

Entrada gratuíta

Organiza AMATEGA.

Colaboran: A Deputación de A Coruña e o Concello de Cee.

SINOPSE:

Nunha noite de tormenta, Dona Clotilde Santamaría laméntase da vida que levou e decide acabar con esa situación para sempre. Minutos despois, unha das súas serventas chámaa pero non recibe resposta algunha polo que decide entrar á súa habitación. Nada máis facelo un berro de horror asolaga a gran mansión.

Pasado un tempo, chegan novos habitantes a ela. Foi misteriosamente adquirida por dúas familias de diferentes clases sociais. O cabeza de familia de cada unha delas; Isabel Do val e Bartolomeu Pascual; atópanse e discuten acaloradamente por quen é o verdadeiro dono de todo iso. Ao final descobren o motivo, polo que terán que convivir todos xuntos cos seus máis e os seus menos ata que se solucione o mesmo. Pero un escuro secreto axéxaos

 

Deixa un comentario

TurismoCee