Concerto da Sementeira de Cambre

Este sábado 19 de novembro, ás 20:15 h, no auditorio da Casa da Cultura de Cee continúa o «Novembro, mes da música». Nesta ocasión será o turno para a banda de música Sementeira cun programa variado, comezando co pasodobre Carmen Carrera, do compositor galego X. L. Represas Carrera, a obra para bombardino e banda pantomime, actuando de solista Luciano Robledo Asensio, e as obras Bonaparte e Persis, entre outras. O concerto está emmarcado na rede cultural da Deputación da Coruña 2016 e conta coa colaboración da Asociación de Amigos da Banda de Música de Cee.

TurismoCee