Conferencia.
“A reconstrución de monumentos no Camiño de Santiago”
impartida por
JOSÉ RAMÓN SORALUCE BLOND
LUGAR: Casa de Cultura de Cee
DATA E HORA: Sábado 26 de setembro ás 20.00 horas
José Ramón Soraluce Blond, catedrático de composición arquitectónica (historia da arte) do Departamento de Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de A Coruña.
De seguido, debate co arqueólogo e museólogo Felipe Senén arredor do camiño de Santiago e a súa prolongación cara ó finis terrae.
A conferencia, na que se falará de varias igrexas da comarca de Fisterra, entre outros monumentos, está encadrada no Ciclo “FACER CAMIÑO”, complemento cultural da exposición itinerante do mesmo nome, coordenada pola Academia Galega de Belas Artes, coa colaboración da Xunta de Galicia. Recolle traballos de de doce creadores académicos inspirados no tema da peregrinación e que ata o 30 deste mes pode visitarse na Casa de Cultura de Cee.
José Ramón Soraluce Blond, estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, titulándose en 1976 e doutorándose posteriormente pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Debuxo Arquitectónico e Historia da Arte na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Impartiu docencia na Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña. É académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi e membro electo do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.