O Día do Libro 2018 celebrarase este ano cunha liberación de libros na Biblioteca Francisco Mayán e outros 30 concellos simultáneamente.
O vindeiro 23 de abril, Día do Libro, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee participará, xunto con outras 30 bibliotecas da provincia, na campaña “Libros para sermos libres” que organiza a Deputación da Coruña.
Esta actividade consistirá na liberación (reparto gratuito á veciñanza) de libros desde a Biblioteca ceense (Casa da Cultura, 3º andar) ás 18.30 horas. Entre os volúmenes a repartir hai libros de poesía, prosa, arte, ensaio e teatro na súa meirande parte.
¡Achégate para conseguir liberar o teu exemplar!