Entrega de contos en galego na Gardaría Municipal de Cee

Facebooktwittermail

A Concellería e Benestar Social, Igualdade e Emprego, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee, fixeron entrega na Gardaría Municipal dunha serie de contos en galego para os máis pequenos.

A concelleira, Mª Pilar Iglesias, e a técnico de normalización lingüística, Mercedes Fraga, foron testemuñas da atención que lles prestaban á lectura dalgún dos libros que levaron, lectura que correu a cargo da directora da Escoliña de Cee.

Ao finalizar, a concelleira e a técnico recibiron de agasallo uns marcapáxinas feitos polos propios meniños coa faciana de Rosalía de Castro, pois hoxe tamén quixeron celebrar o 179 aniversario do nacemento da autora.