Entroido 2020

Facebooktwittermail

O Entroido xa está á volta da esquina. Os días 21, 25 e 29 de febreiro celebrarémolo en Cee por todo o alto. Baile paras os maiores de Cee, festa infantil, desfile e concurso… Todo o Entroido en Cee!

Venres 21 de febreiro: Baile no Centro Social

Baile de Entroido no Centro Social o venres 21 de febreiro de 2020 a partir das 18:00 h.

Martes 25 de febreiro: Festa infantil

Inchables, pintacaras e máis sorpresas o martes 25 a partir das 16:30 horas para tódolos pequenos. Será na Praza 8 de marzo (En caso de choiva, as actividades trasladaranse ó Pavillón Municipal de Cee).

Sábado 29 de febreiro: Concurso de disfraces

A partir das 16:30h, Cee encherase de disfraces co Gran Desfile de Comparsas que percorrerán as rúas para dirixirse ó Pavillón Municipal onde se realizará o concurso con 5.500 € en premios para as mellores comparsas.

O prazo de inscrición para os grupos será do 17 ao 24 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello.

 

Bases para o concurso de disfraces

Bases Concurso de Disfraces Entroido 2020

Aprobación do listado de participantes no concurso do Entroido 2020 e publicación do xurado avaliador

Listado de Participantes no concurso do Entroido 2020 e publicación do xurado avaliador

Decreto de aprobación premios de Entroido 2020

Aprobación da Acta do Xurado e Concesión de Premios do Concurso do Entroido 2020

Deixa un comentario