Instrucións Xerais relativas ao servizo da Escola de Teatro 2021/2022
Renovación de praza:
Os alumnos/as que están cursando estudos durante o curso 2020/2021 teñen a posibilidade de renovar, no Rexistro Xeral do Concello, a súa praza para o vindeiro curso 2021/2022 no período comprendido entre os días 1 e 30 de xuño. De non renovar a mesma neste período, as súas prazas pasarán a formar parte da oferta de prazas vacantes que se ofrecerán a aquelas persoas que se inscriban por primeira vez na Escola.
Alumnos/as de novo ingreso:
Rematado o prazo de renovación de prazas, publicarase, no taboleiro de anuncios do Concello e tamén na Casa de Cultura a oferta de prazas vacantes para alumnos/as de novo ingreso. Prazo de reserva de praza comprenderá dende o 5 de xullo ata o 12 de agosto. Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes.
Publicación de lista de admitidos de novo ingreso a prazo de inscrición:
Nos días seguintes, publicarase no taboleiro de anuncios da Casa de Cultura o listado de alumnos/as admitidos. Prazo de inscrición do 23 de agosto ata o 10 de setembro.
Máis información:
Actualizado 02/07/2021
Oferta de prazas vacantes para alumnas/os de novo ingreso:
– Grupos infantís e xuvenil: 39 prazas vacantes.
– Grupo adultos: 9 prazas vacantes.
– Grupo maiores 65 anos: 10 prazas vacantes.
O prazo para reservar algunha destas prazas vacantes comprenderá dende o 5 de xullo ata o 12 de agosto, no Rexistro Xeral do Concello. Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes.