Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Títeres Cachirulo: Cu cú, Tas Tás

Facebooktwittermail

O sábado 1 de abril, por primeira vez, o Concello de Cee acollerá un espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).

Dentro do programa cultural do Concello de Cee, o sábado 1 de abril, haberá un espectáculo musical e visual que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa. “Cu cú, Tas Tás” é un trasno que intenta facer as cousas ben e non confudir adiante e atrás, cheo e baldeiro, arriba e abaixo, cerca e lonxe, pequeno e grande…E a súa familia e amigos vanno axudar a aprender.

O espectáculo presentado por Títeres Cachirulo, vellos coñecidos no teatro ceense, forma parte do programa “Primavera con Apego” no que se desenvolverán diferentes actividades para a socialización en galego na infancia. É froito da colaboración do Concello de Cee e da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

Para conseguir a túa entrada, podes inscribirte no Servizo de Normalización Lingüística do concello (as prazas serán adxudicadas en rigoroso orde de inscrición e terán preferencia as crianzas empadroadas en Cee) ou ben comprala en taquillas, que se abrirá 45 minutos antes da hora prevista de comezo.

“Cu cú, Tas Tás” de Títeres Cachirulo

Idade: 0 a 3 anos

Data: sábado, 1 de abril

Horario: 18h

Espazo: Auditorio Baldomero Cores

Prezo: 2€ neno e 3€ adulto

 

Deixa un comentario