Espectáculo para nenos con Ghazafelhos: “Iriña Bailarina”

O sábado 29 de abril, Teatro dos Ghazafelhos representará en Cee o seu espectáculo “Iriña Bailarina” para nenos maiores de 5 anos.

Dentro do programa cultural do Concello de Cee e das actividades do mes de abril do programa Apego, o sábado 29 de abril a compañía Teatro dos Ghazafelhos representará en Cee “Iriña Bailarina”.

É unha obra especialmente indicada para nenos a partir de 5 anos na que un pirata, un xogador de futbolín e unha bailarina de caixiña de música teñen un único desexo: xogar sen límites para medrar sen “medidas”.   Ghazafelhos proponos nesta obra unha reflexión sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles e os estereotipos sociais.

“Iriña Bailarina” esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina dunha caixiña de música que devece por poner saír do espazo no que está e poder xogar sen límites, ser un pirata, xogar ao futbolín ou mesmo, poder engordar para cambiar a súa sorte.

Para conseguir a túa entrada, podes inscribirte no Servizo de Normalización Lingüística do concello (as prazas serán adxudicadas en rigoroso orde de inscrición e terán preferencia as crianzas empadroadas en Cee) ou ben comprala en taquillas, que se abrirá 45 minutos antes da hora prevista de comezo.

“Iriña Bailarina” de Teatro dos Ghazafelhos

Idade: + 5 anos

Data: sábado, 29 de abril

Horario: 19h

Espazo: Auditorio Baldomero Cores

Prezo: 2€ neno e 3€ adulto

Deixa un comentario

TurismoCee