EXPOSICIÓN. “Facer Camiño”

O Casa da Cultura de Cee acolle a exposición itinerante “Facer Camiño” do 8 ao 30 de setembro.

Inauguración: 8 de setembro ás 12:00 h. na Casa de Cultura de Cee coa intervención do Excmo. Sr D. Manuel Quintana Martelo, Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes e Dona Margarita Lamela Louzán, alcaldesa de Cee.

“Facer Camiño” é unha exposición itinerante na que se asocia a arte co Camiño de Santiago que percorrerá as sete grandes cidades galegas e as vilas de Cee, Tui e Mondoñedo, concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas.

A comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, realizou unha escolma de 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos, enfiada por citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.

En concreto, esta exposición acolle obras de Manuel Buciños, Acisclo Manzano, Rafael Úbeda, Manolo Paz, Manuel Quintana Martelo, Din Matamoro, Menchu Lamas, Ignacio Basallo, Xurxo Lobato, Miguel Anxo Prado, Soledad Penalta e Xosé Díaz.

Deixa un comentario

TurismoCee