Marcapáxinas 2018. Biblioteca Francisco Mayán

Este é o gañador do XIV Concurso “En busca do noso marca-páxinas”.

Un ano máis, e xa van catorce, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee está a facer o reparto, polos diferentes centros de ensino e centros sociais, do marca-páxinas gañador do XIV Concurso “En busca do noso marca-páxinas”, obra realizada por Hugo Roget Domínguez e que leva por título “Cee le”.

Do marca-páxinas gañador (figurando no reverso o calendario do vindeiro ano) faise unha tirada de 3.000, a cal é patrocinada pola Imprenta Paco de Cee, colaboración que mantén dende a terceira edición do Concurso “En busca do noso Marca-páxinas”.

A entrega deste pequeno agasallo se fai para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos convocados pola Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, mostrando o traballo gañador e lembrando co calendario que no próximo ano teñen unha cita coa Biblioteca e os seus concursos, e tódolos días do ano cos seus libros.

Aproveito a ocasión para enviar os máis afectuosos e sinceros desexos dun feliz Nadal e un ano novo que faga realidade os vosos soños.

Un saúdo e moita saúde,

José Ramón Rey Senra

Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”

Deixa un comentario

TurismoCee