Nadal 2018

Coa chegada do Nadal, chega tamén a actividade cultural á nosa vila. Festivais, música, teatro, maxia, xogos, libros… e, por suposto, a Cabalgata dos Reis Magos.

Domingo 16 de decembro

20.00 horas. Auditorio Baldomero Cores.

Concerto de Nadal. Coral Costa da MorteResultado de imagen de coral costa da morte

Martes 18 de decembro

19.00 horas. Auditorio Baldomero Cores.

Festival de Nadal a cargo dos alumnos da Escola de Música

Resultado de imagen de escola de música de cee nadal 2017

Xoves 20 decembro

Encontro con Susana Gómez Castiñeira: EDUC-ANDO…

Auditorio Baldomero Cores, 11.00 horas (escolares) e 19.00 horas (público xeral)

Resultado de imagen de susana castiñeiroa educ-ando

Venres 21 de decembro

Obradoiro de xogos de mesa para nenos e familias desde os tres anos. Secretaría Xeral Política Lingüística.

Biblioteca Francisco Mayán. De 17.00 a 19.00 horas.

 

V Recital Poético Solidario Internacional: Verso qué traes?: Esperanza. 

Branca Vilela estará acompañana por poetas e músicos da Costa da Morte.

Auditorio Baldomero Cores, 20.00 horas.

 

NADAL MÁXICO: 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro

18.00 horas. Auditorio Baldomero Cores.

Prezos por cada espectáculo: 2 € (infantil) e 3 € (xeral). Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

 

Mércores 26 de decembro

O MAGO PACO: “O Cinematomago”

Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago e unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.

     Tod@s escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”. Pois nesta ocasión a través do seu cinematomago, O mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia. Convertindo esas míticas esceas nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público.

     Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito.

   ¿Preparad@s para vivir a maxia do cine en directo?

Resultado de imagen de mago paco

Xoves 27 de decembro

MARCOS ESCUDERO: “Con area COUSASDEBUXO”

Con area COUSASDEBUXO é un espectáculo visual que fusiona varias técnicas (sombras chinesas, cómic, animación,..) para contarnos 3 historias a través das imaxes que Marcos Escudero debuxa con area sobre o cristal dunha caixa de luz. Esta técnica de debuxo con area tamén é coñecida co nome de Sand Painting.

Os tres contos teñen vida propia e o autor introduce pequenas variacións, para personalizalos e adaptalos ao lugar e público que presencia o espectáculo. Os debuxos aparecen e desaparecen ante o público, que os observa sen poder apartar a mirada, prendida nos movementos e cambios máxicos que os transforman.

  Resultado de imagen de marcos escudero con area cousas de debuxo

Venres 28 de decembro

IAN & ELISA: “Cousas de nenos”

2 Minds Combined reunen maxia, mentalismo, técnica de pintura rápida e sombras chinescas nun fermoso espectáculo que aporta unha experiencia enigmática ós eventos. O seu repertorioinclúe diversos tipos de espectáculos: maxia de escenario, sombras chinescas e maxia de proximidade. Ademáis, contan con espectáculos para entreter ó público infantil, como os contacontos con maxia e sombras chinescas en galego.

Elisa, retornada a Galicia despois de anos, e Ian, recén afincado dende Londres, crearon o concepto mentalismo visual, que combina ilusións máxicas e mentalismo nunha presentación única e divertida.

Ademáis de traballar en numerosos estudios de televisión e salas de teatro, participaron en anuncios e campañas corporativas, así como en festas privadas de grandes empresas. Algúns dos seus clientes son BBC Londres, televisión nacional eslovena, TVG-Luar, Princess Cruises, Celebrity Cruises, Seabourne, Skoda Auto, Telstra, BMW, Rolls-Royce, Viktor & Rolf, Thompson First Choice e Warners.

 Resultado de imagen de ian & elisa

Sábado 29 de decembro

MAGO ROMARIS: “O mellor mago do mundo”

Os Magos! Eses seres tan fantásticos que tanto gustan aos nenos e nenas. Como poderán facer eses incribles prodixios?

O Mago Romarís móstranos o segredo máis celosamente gardado. Cando un Mago ten un soño sobre algo que lle atrae de forma especial, só ten que repetir tres veces unha derminada palabra máxica.

Esa Palabra Máxica é….. verémolo o día da actuación.

Resultado de imagen de mago romarís

Domingo 30 de decembro

MAGO RAFA: “Historias dun ilusionista”  

            Dicía Eduardo Galeano que estamos feitos de historias. Todo o que hai de certo nesa frase, convértese en verdade neste espectáculo. Un ilusionista non o é tan só pola maxia que mostra enriba dun escenario, senón (sobre todo) por todo canto aprende polo camiño que o leva ata el.

“Historias dun ilusionista” é unha selección dos xogos de maxia que me marcaron, que me achegaron ao público, que me axudaron a coñecelo e a coñecerme mellor.

A MAXIA non son só trucos. E non é fácil. É unha arte que leva anos de práctica para perfeccionar un movemento que ninguén verá, un movemento que pasará desapercibido. A maxia é o que fai posible que outros crean que o que fas é imposible. E o imposible é difícil. Á xente gústalle pensar que facer un truco convérteche en mago. Non é así. Un mago é alguén que non pode vivir, respirar, durmir ou mesmo soñar sen deixar de pensar en como facer o imposible.

 Resultado de imagen de mago rafa

Sábado 5 XANEIRO 

Desde as 17.00 horas na Praza da Constitución FESTA DE BENVIDA   ás SS.MM. REIS MAGOS DE ORIENTE, que contarán coa visita de coñecidas personaxes das series da animación televisiva. Despois de saudar a todos os nenos no Museo Fernando Blanco percorrerán a vila na tradicional CABALGATA pasando polas rúas Domingo Antonio de Andrade, Praza das Palmeras, Avenida Fernando Blanco, Avenida Fisterra, Rúa Pontevedra, Estatuto de Autonomía, Rúa Independencia, Avenida Lino Rodriguez Madero, Praza Ketty Quintana, Estatuto de Autonomía, Rúa Europa e Praza da Constitución.

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee