Mañá día 10 de setembro de 2020, ábrese o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Teatro de Cee.
Como cada ano en Cee, a Escola Municipal de Teatro de Cee abre o seu prazo de matrícula para que todas as persoas que o desexen poidan adquirir as habilidades necesarias para subirse ao escenario.
Os grupos divídense por idades quedando cos seguintes horarios e prezos:
INFANTIL
Prezo: 40€/curso
- 6 – 8 anos: luns de 18:00 a 19:00 horas
- 9 – 11 anos: martes de 18:00 a 19:00 horas
- 12 – 14 anos: martes de 19:00 a 20:00 horas
- 15 – 17 anos: martes de 20:00 a 21:00 horas.
Presentación do novo curso dos grupos infantil e xuvenil no Auditorio da Casa de Cultura de Cee o luns 5 de outubro ás 20:00 h. con Toño Casais
XUVENIL
Prezo: 40 €/curso
- Maiores de 18 anos os sábados de 11:00 a 12:00 horas. (Este grupo creouse o ano pasado para dar cabida a aqueles alumnos e alumnas que, por cuestión de estudos, estaban fóra durante a semana e querían continuar coa actividade teatral a fin de semana)
Presentación do novo curso dos grupos infantil e xuvenil no Auditorio da Casa de Cultura de Cee o luns 5 de outubro ás 20:00 h. con Toño Casais
ADULTOS
Prezo: 70€/curso
- Luns de 20:30 a 22:30 horas.
Presentación do novo curso no auditorio da Casa de Cultura o luns 5 de outubro ás 21:00 h. con Artur Trillo
ADULTOS DO CENTRO SOCIAL
Prezo: 25 €/curso
- Martes de 17:00 a 18:00 horas grupo de adultos do Centro Social
Presentación do novo curso no auditorio da Casa de Cultura o luns 5 de outubro ás 19:00 h. con Toño Casais
INSCRICIÓNS
Na Casa de Cultura de Cee (Biblioteca, 3º andar), a partir do xoves 10 de setembro
Hola, Escuela de Teatro de Galicia.
Me interesa saber cómo colaborar con Vosotros y si hay concursos laborales en este sentido (y con qué curriculum vitae).
¡Muchas gracias!
¡Atentamente!
Angelo Nicotra