Desde o Departamento de Cultura do Concello de Cee, en colaboración coa Alcaldía, presentamos unha nova programación cultural para o mes de abril, con propostas para todos os públicos que combinan música, teatro, literatura e artes plásticas.
🎭 Sergio Alba: Dous rombos. Pasa para a cama!
📍 Auditorio Baldomero Cores
📅 Sábado 11 de abril | ⏰ 20:30 h
🎟 Entradas: 8 € anticipada (Biblioteca) / 10 € en taquilla
O músico e humorista de Monterroso transportaranos aos anos 80 nun espectáculo cargado de nostalxia e humor. Unha proposta que revive lembranzas da infancia e da mocidade a través do monólogo e da música, con referencias á televisión, á educación e á vida cotiá de varias xeracións.
🎼 Orquestra e Coro da Universidade de Santiago: Música en Camiño 2026
📍 Auditorio Baldomero Cores
📅 Domingo 12 de abril | ⏰ 20:00 h
Concerto incluído no programa “X+Música: Un escenario, cento de oportunidades”. Unha experiencia musical duns 80 minutos que combina interpretación e divulgación.
Cómpre salientar a participación da nova frautista ceense Estela Blanco, recoñecida pola súa sensibilidade e técnica, que actuará como solista.
🎭 Bengala Teatro Físico: En carne viva
📍 Auditorio Baldomero Cores
📅 Martes 14 de abril | ⏰ 12:00 h
🎓 Función para alumnado de institutos
Unha obra de teatro físico que aborda cuestións actuais como a disforia de xénero, a frustración ou a mocidade. Unha proposta intensa que convida á reflexión crítica a través da linguaxe corporal e visual.
📚 Celebración do Día Internacional do Libro
📖 Presentación: El encuentro – David Blanco
📍 Auditorio Baldomero Cores
📅 Xoves 23 de abril | ⏰ 11:00 h
Actividade dirixida ao alumnado de primaria. A través de contos, música e ciencia, abórdase a relación entre o ser humano e outras especies, fomentando valores de respecto e conciencia ambiental.
📖 Presentación: Cuando los sueños hablan – Asier Fraga
📍 Biblioteca Francisco Mayán
📅 Venres 24 de abril | ⏰ 19:45 h
O autor presenta a súa primeira novela, un thriller psicolóxico ambientado no Madrid de 2062, no que o protagonista enfróntase a unha trama de segredos e chantaxes.
🎨 Exposición: Ritmos e natureza – Lola Saavedra
📍 Sala de Exposicións
📅 Sábado 25 de abril | ⏰ 12:00 h (inauguración)
Unha mostra de 17 obras que exploran a relación entre paisaxe e figura humana, combinando ritmo, natureza e expresión corporal. A exposición convida a unha contemplación pausada e sensorial.
🎭 Inventi Teatro: A libraría máxica
📍 Auditorio Baldomero Cores
📅 Sábado 25 de abril | ⏰ 19:30 h
🎟 Entradas: 3 € e 5 € (taquilla aberta desde 1 hora antes)
Espectáculo familiar que rende homenaxe ás librarías e ao amor pola lectura. Dous entrañables libreiros axudarán a cada persoa a atopar a súa historia ideal nunha divertida proposta teatral.
✍️ Obradoiro de Lettering con Brush Pen
📍 Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”
📅 Luns 27 de abril | ⏰ 18:00 h
O lettering é a arte de debuxar letras, centrada na estética e no deseño para crear composicións atractivas. A diferenza da caligrafía, permite maior liberdade creativa.
Obradoiro impartido pola profesional NACU, dirixido a mozos e mozas de 12 a 16 anos (ESO).
Prazas limitadas (15 participantes). Inscrición previa na biblioteca.
✨ Unha programación pensada para gozar da cultura en todas as súas formas durante o mes de abril en Cee.