Programación Cultural. Febreiro, marzo e abril 2017

A programación cultural da primeira parte deste ano 2017, vén marcada por actividades que abranguen a todas as franxas de idade. ¡Atento ás novedades porque esta programación é, verdadeiramente, para todos os públicos!

FEBREIRO 2017

  • Mércores 15

Mostra Bibliográfica sobre a obra de Rosalía de Castro na Biblioteca Municipal Francisco Mayán. Os escolares de primaria poderán asistir a sesións explicativas da vida e obra da poetisa, previa cita no Servizo de Normalización Linguística do Concello.

  • Xoves 16

“La revolución árabe” de Mohamed Safa será presentado polo autor, acompañado por Antón Losada, escritor e xornalista, e Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney.

Terá lugar no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura ás 20h.

 

  • Sábado 18

“A relixión do mar” de Xosé Iglesias. O autor ceense presentará a súa obra, gañadora do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar, acompañado da artista Viki Rivadulla.

A cita será ás 19:45h no Auditorio Baldomero Cores.

 

  • Domingo 19

Gala poético musical polo 180 Aniversario de Rosalía de Castro. Participarán Manuel Oliveira “Manolín” e as agrupacións de baile “Terra de Sena” de Cee, “Escola de Danza Breogán” de Brens e “Xaldón” de Corcubión.

Será no Auditorio Baldomero Cores ás 20h.

 

  • Venres 24

“Costa da Morte, crónica marítima” de Rafael Lema Mouzo. Presentación da obra deste autor da Ponte do Porto na que os asistentes serán agasallados cun exemplar da obra.

Será na Sala de Conferencias da Casa da Cultura ás 19:30h.

 

  • Martes 28: MARTES DE ENTROIDO

Festa Infantil con inchables, obradoiro de maquillaxe e sesión disco.

Será na Praza 8 de marzo de 16 a 20h. Pero no caso de que chova ou o tempo non acompañe, terá lugar no Pavillón Municipal.

 

 

 

MARZO 2017

  • Sábado 4

Concurso e desfile de comparsas e participantes no Entroido. A partir das 16:30h. O Concello de Cee repartirá máis de 4.500€ en premios. O prazo de inscrición é do 20 de febreiro ao 1 de marzo no RExistro Xeral do Concello.

Consulta aquí as bases do concurso de Entroido 2017.

 

  • Domingo 5

“Ubu Rei” de Talía Teatro. Presentación na Costa da Morte da nova montaxe da compañía ceense con 8 actores en escena: Toño Casais, David Creus, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo.

Prezos: 5€ xeral e 3€ bonificada (pensionistas, desempregados e estudantes). Obra para maiores de 14 anos. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

 

  • Domingo 12

“O ferro” de Teatro del Andamio. A nova comedia protagonizada por Nacho Martín e Gemma Ulloa a partir do texto de Álvaro Guevara e Tatiana Likhacheva.

Prezos: 5€ xeral e 3€ bonificada (pensionistas, desempregados e estudantes). Obra para maiores de 14 anos. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

 

  • Venres 24 e sábado 25

“Vivimos na diversidade”, xornadas de formación.

 

ABRIL 2017

  •  Sábado 1

“Cu cú- Tas Tás” de Títeres Cachirulo. Por primeira vez en Cee, unha obra de teatro para bebés e cativos ata os 3 anos. É un espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa.

Será no Auditorio Baldomero Cores ás 18h.

Prezos: 3€ xeral e 2€ bonificada. Aforo limitado a 50 nenos e un acompañante adulto por cada un. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

  • Sábado 8

“La Cenicienta” de Teatro del Andamio. Unha particular versión deste conto incidindo na igualdade de xénero.

Será no Auditorio Baldomero Cores ás 18h.

Prezos: 3€ xeral e 2€ bonificada. Obra recomendada a partir dos 5 anos.

 

  • Sábado 22

“O día que chegou unha nube e choveu” de Trompicallo. Obra de teatro para bebés e cativos ata os 3 anos, para gozar cos 5 sentidos, para quen descobre as cousas por primeira vez e pon o corazón en todo canto fai. Para quen está no principio da vida é este espectáculo sobre a orixe dela: a auga.

Será no Auditorio Baldomero Cores ás 18h.

Prezos: 3€ xeral e 2€ bonificada. Aforo limitado a 50 nenos e un acompañante adulto por cada un. Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

  • Sábado 29

“Iriña bailarina” de Ghazafelhos. Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para medrar sen medidas. Ghazafelhos proponnos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

Será no Auditorio Baldomero Cores ás 18h.

Prezos: 3€ xeral e 2€ bonificada. Obra recomendada a partir dos 5 anos.

Deixa un comentario

TurismoCee