Un ano máis, outubro é “O Mes da Fundación”. Por iso, a Fundación Fernando Blanco de Lema que patrocina o Concello de Cee, xunto con Ferroatlántica, enche Cee de actividades culturais.
Esta será a 4ª edición dun programa educativo- cultural que busca achegar a cultura e o saber a todos os públicos. As actividades se reparten entre todos os centros escolares do Concello de Cee e chegarán a todos os niveis educativos. Ademáis, e coma sempe, haberá actividades en forma de charlas, conferencias, música e monólogos para o público xeral. Todos os actos deste programa son de balde gracias á Fundación e aos seus patrocinadores.
Programa Actos Público Xeral
- Sábado 1 de outubro: “Arquitectura necesaria”. Conferencia de Carlos Quintáns Eiras.
- Sábado 8 de outubro: “Os outros habiantes de Galicia: mouros e mouras na Costa da Morte”. Conferencia de Mar Llinares García
- Sábado 15 de outubro: “Cantos de Galiza a través de Davide Salvado”. Concertos comentado a cargo de Davide Salvado.
- Sábado 22 de outubro: Ofrenda Floral e Misa.
- “Prevención e innovación no cancro”. Conferencia de Alfonso Mariño Cotelo.
- Sabado 29 de outubro: “Que comerá o rei?” Monólogo de Cándido Pazó.
Podes consultar todos os actos e os horarios aquí.