Está previsto que a Biblioteca abra de novo ó público o día 12 de maio.
Medidas adoptadas:
- A Biblioteca e demais instalacións da Casa da Cultura pasaron por un proceso de limpeza e desinfección como medida preventiva ao COVID-19.
- Adoptouse un horario continuado, que será de 8:00 a 14:00 horas (de luns a venres).
- Ata a Fase 2, para o servizo de lectura en sala de materiais da biblioteca, as obras serán solicitadas polos usuarios ao persoal da Biblioteca, posto que todo material que se manipule deberá pasar a depositarse en corentena para evitar o risco de contaxio. As coleccións de libre acceso permanecerán pechadas ao público.
- Poranse dispensadores de xel hidroalcohólico á entrada da Casa da Cultura e da Biblioteca.
- Para garantir a seguridade tanto do persoal como das persoas usuarias da biblioteca, é recomendable vir con máscara, utilizar xel hidroalcóholico e luvas se van a tocar os libros ou outros materiais; así como lavar as mans adecuadamente con auga e xabón, antes e despois de visitar a Biblioteca.
- O aforo limitouse a un 1/3 na Sala Xeral e Infantil, para evitar o contacto próximo con outras persoas e manter a distancia social de 2 metros.
- As portas permanecerán abertas para evitar tocalas coas mans e o edificio permanecerá ventilado en todo momento.
- O acceso ós inodoros será restrinxido, porque non se pode garantir a súa limpeza e desinfección despois de cada uso, aínda que os lavabos si que estarán dispoñibles con xabón e toallas de papel.
- Respecto aos préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do día 13 de marzo quedan prorrogados ata o 11 de xuño.
- A biblioteca informará dos servizos que vai prestar e o aforo dispoñible, seguindo o plan de fases que anuncie o Goberno de España e as autoridades sanitarias.
- O persoal da Biblioteca está a súa disposición para axudarlle, en caso de calquera dúbida, fale connosco.