RELATOS NEGROS.
AUDITORIO BALDOMERO CORES. CASA DE CULTURA DE CEE
DATA: 22 DE NOVEMBRO ÁS 20:15
VENTA ANTICIPADA DE ENTRADAS EN ATAQUILLA
OBRA DE TEATRO PARA TÓDOLOS PÚBLICOS
O crime, como todos vostedes saben, é algo tan antigo como a propia humanidade. E o crime entre familiares é, sen dúbida, o máis xenuíno dos crimes. Ninguén está libre de padecer a vertixe ou a pulsión do desexo… O desexo de acabar co seu semellante aínda que este sexa un ser moi querido.
De feito, segundo cremos ás veces, o máis querido…
Relatos Negros é unha divertida obra teatral sobre unha das fascinacións máis antigas do home: o asesinato. Todos temos un hobby, algo co que encher o noso tempo: a uns gústalles ir pasar a tarde xogando ó golf, outros coleccionar selos e a outros, por exemplo, ir a piscina. Pero a Manquiña o que lle gusta é coleccionar historias sobre crimes. Un hobby como outro calquera…
A través do universo escuro, macabro e de humor negro de Roald Dahl coñeceremos tres historias fascinantes que serán moi difícil de esquecer…
MANUEL MANQUIÑA
Ten actuado en numerosas películas, series e obras de teatro, e presentado programas de televisión. Tamén fixo monólogos e actuacións en pubs, e mais cancións para o Xabarín Club. Na actualidade é un dos grandes rostros a nivel actoral de Galicia.
DARÍO AUTRÁN
Cineasta e productor conta coa produción, dirección e guión de longas coma Tilda e Jean, e as curtametraxes Efectos de Maio e Nidos de Luz. En teatro dirixiu as obras O lugar, Malvís e fogo e Píntega.
PEPA PRIETO PUY
Formada en Belas Artes e Deseño Editorial, leva toda a vida expresándose coas súas ilustracións. O seu universo mestura a cultura pop e o sinistro cunha dose de realismo máxico. Os seus debuxos foron publicados en revistas de prestixio como New Yorker, Tik Yok Comics, Zeit Magacín o RV Papers.