Remata o Novembro de Música co espectáculo Pasional Tango

Espectáculo de Tango, formado por Piano e dúas voces con Parella de Baile. O repertorio é un percorrido polos tangos máis coñecidos e aqueles outros que non tendo acadado tal grado de difusión, resultan de obrigada cita. Unha viaxe, desde o máis profundo de Bos Aires, ó corazón do espectador.

A cita é no Auditorio da Casa de Cultura este sábado 26 de novembro ás 20.15 horas con entradas a 1.5 e 2.5 euros. A función forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.