O Concello de Cee presentou esta mañá a programación do Verán Cultural 2025
O acto presentouse polo técnico de cultura, Víctor Castiñeira, a concelleira de Cultura, Luísa Rodríguez e a alcaldesa, Margot Lamela.
Luísa Rodríguez fixo unha ampla presentación dos principais actos dun extenso e variado programa que fai de Cee o referente cultural no verán da Costa da Morte.
Teñen cabida no mesmo as diferentes artes escénicas, musicais, expositivas e ata cinematográficas, con Cine na rúa a finais deste mes de xullo. Mes que principiou coa clausura da Escola Municipal de Teatro (Grupo adultos) coa obra “Aquí non paga ninguén”
Concerto do grupo vocal Eburnie de Costa de Marfil o próximo 20 de xullo na praza da Constitución é unha actuación a destacar.
O próximo 27 de xullo terá lugar o I Festival de Danza Novo Viana no Auditorio Baldomero Cores
Propostas como Remember Babalú, Latexo percusión, Charanga Os Campantes, Mártires del Rock&Roll (Tributo a Los Suaves), Rocío Caamaño, Familia Bocaprier ou Mu2 (tributo a U2) traerán un soplo de aire fresco musical ós seráns ceenses antes da chegada das festas. E antes das mesmas non faltarán á súa cita o Memorial de Bandas Manuel Rebollar, o Certame de Habaneras ou o Encontro de Música e Baile tradicional da man das asociacións culturais locais.
Despois das festas, chegará turno do teatro coa XI Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee, que se celebrará do 18 ó 23 de agosto e no que grandes compañías, directores, actrices e actores voltarán a situar á nosa vila no referente teatral galego durante toda a semana.
Remataremos o mes coa programación de Cultura no Camiño, na que un ano máis, as artes circenses, a maxia e a diversión serán protagonistas como colofón a dous intensos meses, e moi especialmente o de agosto, de programación cultural no Concello de Cee.
O acto pechouse coa intervención da alcaldesa, Margot Lamela, que comenzou agradecendo o traballo realizado pola Concellería de Cultura para presentar tres datas de gran relevancia no verán cultural de Cee.
O sábado 9 de agosto, terá lugar o acto de nomeamento de Fillo Predilecto do Concello de Cee a Fran Caamaño coa actuación de Gemma Román, Víctor Blanco, Pablo Ruibal, Andreina Muñoz e Estela Blanco.
A alcaldesa, Margot Lamela lembrou como antesala das festas o acto do pregón, organizado pola Alcaldía no que actuará a Banda de Gaitas de Páramos de Tui anunciando en primicia que o pregoeiro deste ano é Carlos Oliete pola súa contribución e apoio coa cultura e o deporte no concello de Cee.
O xoves 14 de agosto terá lugar o acto de entrega do bastón de mando e do título que recolle o nomeamento da alcaldesa perpetua á Virxe da Xunqueira, destacando que máis que un acto de fé é un sentimento.
Rematou a súa intervención desexando un feliz verán a todos convidando a veciños e visitantes a desfrutar dunha vila na que a cultura é símbolo de excelencia.
Verán 2025 (2)