Dende hoxe, mércores 29 de xullo de 2020, todas as persoas que cheguen a Galicia, dende os seguintes territorios deben proporcionar os seus datos ás autoridades sanitarias, no prazo máximo de 24 horas dende a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia.
➡️ Listado de territorios: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200728/AnuncioC3K1-270720-2_gl.pdf
Cartel de Declaración Responsable para Axencias de Viaxe e Establecementos turísticos
Se presentas algún dos síntomas propios do COVID-19 e eres residente na Comunidade Autónoma de Galicia deberás comunicarte co teu médico de cabeceira a través dunha cita telefónica.
Se presentas algún dos síntomas propios do COVID – 19 e non eres residente na Comunidade Autónoma de Galicia deberás chamar ao número de teléfono ☎️ 881002021