15º Día da Bicicleta no Concello de Cee 2016

O domingo 24 de xullo terá lugar en Cee a 15ª edición do Día da Bicicleta en Cee. Iniciativa promovida pola Voz de Galicia – Radio Voz e polo Concello de Cee.

Patrocinan e colaboran FerroAtlántica S.L., Centro Comercial Finis Terrae, Suministros Lar, Bicin Bikes de Cee, Club Ciclista Cee, Garda Civíl de Tráfico, Policía Local Cee e Protección Civil de Cee.

Inscrición: é gratuíta e o prazo remata o venres 22 de xullo e se deberá facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal de Cee ou ben chamando ao 981745100 (ext. nº 3). Descarga aquí o boletín de inscrición

Lugar e hora de saída: concentración diante do Centro Comercial ás 10:30 horas e saída prevista ás 11:00 horas.

Lugar de chegada: sobre ás 13:30 horas no Paseo do Alcalde D. Pepe Sánchez.

Nota: é obrigatorio o uso do casco.

TurismoCee