3ª edición do Día do Deporte na rúa en Cee 2016

O sábado 16 de xullo das 11:00 ás 14:00 horas terá lugar no Concello de Cee a 3ª edición do DÍA DO DEPORTE NA RÚA 2016.

Nesta xornada, que está encadrada dentro do programa deportivo municpal para este verán, o deporte de Cee saírá as rúas Domingo Antonio de Andrade, Praza 8 de marzo e Praza da Constitución.

Actividades como o atletismo, ciclismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, patinaxe e baile deportivo serán as protagonistas, xunto con algúns dos axentes deportivos da vila como a A.D. Olimpia, o Club Ciclista Cee, a A.C.B. Costa da Morte, a S.R.D. Unión Club Cee, o Fútbol Sala Femenino Villa de Cee e o Club Arte e Movemento.

Suliñar que para participar nas actividades que desenvolverán tanto o Club Ciclista Cee e o Club de Patinaxe Artístico Costa da Morte, será preciso contar cunha bicicleta e casco así como con patíns, respectivamente.

Non é preciso inscribirse previamente.

TurismoCee